venres, 12 de xuño de 2015

Onte e hoxe, días intensos

Onte pola tarde os alumnos de Artesanía en Coiro viaxamos a Allariz, afcendo a nosa partícular peregrinaxe á visita "Formas do Coiro" e completando a nosa excursión de fin de curso ó Museo do Coiro. Alí fomos atendidos por Ernesto e Miriam, como sempre moi ben, Ernesto nos contou a historia do Museo e a tradición do Coiro en Allariz, a continuación baixamos ós píos, a ver as diferentes fases do curtido, as ferrementas que se empregaban, as molinetas, os bombos....
A continuación fixemos unha visita guiada á exposición que conta con traballos de artesáns de gran peso internacional como René Berends, Franklin Pereira, Ana Caldas, José Bernardo..., e tamén a nivel nacional como Michael Nadeau, Jose Villar, José María Ruiz, Ernesto Sánchez, Pilar García Lasheras, Vidal Revilla, Fernando Martínez Sousa........
Aquí vos deixamos algunhas imaxes
Ernesto durante a visita guiada

Peza de René Berends

Detalle da peza de Rene Berends

Peza de René Berends

Plumas de Coiro de René Berends

Caixa de Fernando Martínez Sousa

Detalle dunha peza de Vidal Revilla

Ernesto

Parte baixa do Museo onde se situan os Píos

Os visitantes da Emao e algúns futuros alumnos, jejeje

Peza de José Villar

Peza de José Bernardo

Ademáis da nosa viaxe, a semana non perde intesidade, xa que esta tarde na sala de Exposicións, Espazo EMAO,as nosas veciñas de planta e amigas farán unha pasarela de moda onde mostrarán o seu traballo. Moitísima sorte e NORABOA polo esforzo que estades a realizar no voso Traballo.




Este venres, 12 de xuño ás 19:00 h
Pasarela Tocado e Afundido
actividade coordinada pola mestra da
Aula de Deseño e Encaixe de Palillos 
Márian Núñez


Ningún comentario:

Publicar un comentario