martes, 21 de novembro de 2017

Listado de admitidos na Actividade:"Aproximación ó Calzado Artesanal"

O vindeiro xoves, ás 17.30 da tarde na Hemeroteca da Escola terá lugar unha actividade complementaria da nosa Especialidade baixo o nome de "Aproximación ó calzado Artesán", impartida por Alejandro Casado, do grupo artesán ArtCuero de Madrid.
Alejandro é un coñecido Artesán do Coiro, especialista na elaboración de calzado artesán tradicional. O seu traballo foi exposto no Espazo EMAO en 2015 no contexto da exposición "Coiro... ainda que non o pareza" e  dende hai uns anos se adica á ensinanza dos oficios do coiro e o traballo no obradoiro para a elaboración de pezas, ademáis de facer demostracións en diferentes eventos e centros de ensino.
Nesta actividade nos fará unha exposición de coñecementos xerais a ter en conta para a elaboración de estas pezas como son o pé, a horma e o calzado. E realizará demostracións práctica do montaxe dun zapato e demostración práctica da costura empalmillada.
Na EMAO estamos moi contentos xa que a demanda de prazas para esta actividade foi incríble e xa que quedaron dispoñibles algunhas prazas das reservadas para os alumnos decidimos aumentar as prazas convocadas para o público en xeral ata 55 persoas. 
Sentímolo moito pero algunha persoa quedou sen praza e neste momento o aforo da sala está completo.
Estes son os Admitidos para a actividade:"Aproximación ó Calzado Artesanal" que terá lugar o vindeiro xoves 23 ás 17.30 na hemeroteca da EMAO. 

Orden
Nome
1
Isaac Romero Esteras
2
Juán Pérez Crespo
3
Elisa Lila Lois Rodríguez
4
Luis Manuel Vila Salazar
5
Alejandro López Pereiras
6
Antonina Kadyrova
7
Iria María Rodríguez Menacho
8
María Moares Lago
9
Cristina Valverde Fafian
10
Juan Manuel Alvarez Gímenez
11
Dolores Miloro Costas
12
Celso López Meijide
13
Verónica Sánchez Villamil
14
Anahí Cachaza Valeiro
15
José Bertolo Pichel
16
Dana Rodríguez Justo
17
Montserrat Gómez Vázquez
18
Xosé Anxo Tejedor Alonso
19
Gaudencio Estevez Conde
20
Balbina Gonzalez García
21
Sara Marcet Rodríguez
22
Celia de Monasterio Roldan
23
Pablo Porto Vaqueiro
24
José Manuel Barreiro Piñeiro
25
Alejandro Martínez Figueroa
26
Ana María Camino Rodríguez
27
Maribel González Laguillo
28
Martha Lorena Juárez Cerdá
29
María Luisa Graña Dosantos
30
Sonia Rodríguez Fernández
31
María Velilla Villaverde
32
Rosa María García Pujales
33
María Emma Castro Fernández
34
Israel Romero Collazo
35
Verónica Vázquez Durán
36
Juan Carlos Pereiro Muiño
37
Susana González Barrio
38
Juan Ruiz Ruiz
39
Leticia Gestido Fandiño
40
Modesta Acuña Pérez
41
Antía Vargas Hermida
42
Beatriz Méndez Güenaga
43
Antonio Pereiro Berbia
44
María Concepción Fernández Rodríguez
45
Juan Zaragoza Bastos
46
Roberto García Estévez
47
Maria Dolores Alonso Pérez
48
Rosa Pérez Pousa
49
Pilar Alonso Alonso
50
Patricia Abuín Moares
51
Manuel Iglesias Marcos
52
Mary Rodríguez
53
Manuel García Polo
54
Miguel Sanjorge Nuñez
55
José Villar López

mércores, 15 de novembro de 2017

Convocatoria de Actividade "Aproximación o calzado Artesán"

Xoves 23 de Novembro ás 17.30
Actividade: Aproximación ó Calzado Artesanal.
Impartida por: .Alejandro Casado Martínez, membro do grupo artesán ARTCUERO (Madrid)
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade. Prazas limitadas.
Lugar: Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios.
Alejandro é un coñecido Artesán do Coiro, especialista na elaboración de calzado artesán tradicional. O seu traballo foi exposto no Espazo EMAO en 2015 no contexto da exposición "Coiro... ainda que non o pareza" e forma parte xunto con Sara Montero e Michael Nadeau do grupo artesán ArtCuero que dende hai uns anos se adica á ensinanza dos oficios do coiro e o traballo no obradoiro para a elaboración de pezas, ademáis de facer demostracións en diferentes eventos e centros de ensino.
Nesta actividade nos fará unha exposición de coñecementos xerais a ter en conta para a elaboración de estas pezas como son o pé, a horma e o calzado. E realizará demostracións práctica do montaxe dun zapato e demostración práctica da costura empalmillada.

IMPORTANTE PARA A INSCRICIÓN
Para solicitar a inscrición nestas actividades deberá enviarse un correo electrónico a emao@vigo.org coas características que se detallan:
* Indicar no Asunto: “Aproximación Calzado Artesanal”
No corpo da mensaxe indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data límite inscrición: martes 21 de novembro ás 14.00

A admisión, ata completar as 50 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Enviarase ás persoas admitidas un correo electrónico de confirmación.




venres, 10 de novembro de 2017

Imaxes da Inauguración de Proxectos 2017

Hai un par de horas que inauguramos no Espazo EMAO a Exposición Proxectos 2017, unha gran proposta de Artesanía, Arte, Oficio e Innovación dos nosos alumnos, un gran traballo feito por eles e guiados polos Mestres, que hoxe nos sentimos Felices e Orgullos dos nosos alumnos e do noso traballo.
Noraboa a todos os alumnos polo esforzo realizado e a Sandra e Emma, mestras que comisarían a Exposición pola gran tarefa de coordinación e montaxe. Parabéns.
E como xa dixen, como Mestre de Sandra, Elisa, Antonina, Loli, Sara e Iria, me sinto orgullos das "Chicas de Coiro". Noraboa rapazas, e que este sexa só o comezo.


































xoves, 9 de novembro de 2017

PROXECTOS 2017

Mañán ás 19.00 no Espazo EMAO vai ter lugar a inauguración da Exposición "Proxectos 2017", esta mostra é o escaparate onde os alumnos que durante o pasado curso no Nivel Avanzado.
Nesta ocasión a representación da nosa Especialidade esta formada por seis alumnas que cos seus proxectos van amosar unha vez máis asinfinitas posibilidades do Traballo do Coiro.
Antonina, Sandra, Loli, Elisa, Iria e Sara

“Como posta en práctica do aprendido durante o meu paso pola Escola decidín afondar no volumen, sobre todo en técnicas como o modelado, o conformado ou o moldeado con area, e despois de moitas probas, e de xogar moito co Coiro aquí vos presento o meu Coirobol”.


                                            Sandra.


“En Rusia,Jojlomá é o nome dunha antiga técnica de pintura decorativa, unha das máis destacadas ememorables da tradicion popular. Apareceu no século XVII, cerca de Nignii Novgorod, cidade, que se atopa na beira do gran rio Volga. O nome de este arte, procede dunha pequeña vila, así chamada,onde vivian os artesans da madeira que facian vaixelas cunhas pinturas preciosas, por iso decidín combinar a tradición co aprendido na Escola xogando cun material tan versátil como é o Coiro para desenvolver o meu proxecto.”

Antonina.

“Hoxe en día os dispositivos electrónicos forman parte da nosa vida, así que para desplazarnos precisamos de unha protección que soamente o Coiro lle pode dar, por iso neste proxecto elaborei fundas para ttransportar unha tablet, un portátil e un móvil”


                                               Elisa


“Shieldmaidens, en Danés skjoldmø, en Noruego skjoldmøy, en Sueco, sköldmö y en Alemán, Schildmaid, dentro da mitoloxía escandinava, estos termos representan á muller que se entrega á loita e se convirte  en guerreira no campo de batalla. Con esta coraza de inspiración vikinga, resultado de un minucioso proceso de investigación e elaboración, ademáis de presentar os coñecementos adquiridos nesta Escola, se pretende  alabar, de forma simbólica, a todas aquelas mulleres loitadoras que existiron ó longo da historia.” 
Iria.


“Ante os obstaculos que atopamos á hora de aprender a trenzar, os libros ou están el Inglés ou teñen uns gráficos que non son claros, decidín plantexar un proxecto que acabara con esta dificultade, así pois , aquí vos presento a miña compilación de guías de apendizaxe no que traballei para facilitarlle a tarefa @s que veñan despois”

                                      Sara.



“Tras descubrir a revista francesa “L' Artisan Pratique”, publicada durante as décadas dos 20 e os 30 do século XX, decidín tomala como fonte de inspiración para este proxecto aplicando os deseños das ilustracións como decoración para un moble moderno de liñas simples.empregando as técnicas de traballo e as formas de tinguido da época.”


                             Dolores.


luns, 6 de novembro de 2017

Exposición "EMAO Proxectos 2017"

Título: EMAO, Proxectos 2017
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 10 de novembro de 20107 ao 15 de xaneiro de 2018
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Inauguración: venres, 10 de novembro ás 19:00 h

Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implementou un novo e derradeiro cursodentro do currículum de cada especialidade, o nivel  Avanzado, destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo mestre de cada especialidade.

A Mostra que se abre nestes días no Espazo EMAO (sala de exposicións da Escola) recolle o producto final do desenvolvemento dos proxectos correspondentes á convocatoria do curso 2016-2017, nesta ocasión das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Artesanía en coiro, Encadernación e Moda e confección

Un total de 40 obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material da formación recibida na Escola e, en concreto, dun ano de traballo no Curso Avanzado; refléxanse nelas procesos de investigación, formación, conceptualización e fabricación baixo as premisas dos dous eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica e a creatividade.

Comisariado: Sandra de Jesús e Emma Pintos, mestras das especialidades de Ourivaría e de Modada EMAO
Produción e montaxe: Profesorado e alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Cartel: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Coordinación: Rafael Ojea
Axudante de montaxe: Alberto Couñago