mércores, 11 de decembro de 2013

Pausado por Fermín

Como xa sabedes todos, o pasado Martes día 3 ás 3.35 naceu o meu fillo Fermín. Por iso adiantamos as vacaciónse de Nadal, e nun principio, non haberá clase ata o vindeiro dia 9 de xaneiro.
Aquí vos deixo unha fotografía do peque da casa, que xa veu con Coiro debaixo do brazo.
Unha Aperta.
Pepe Pereira

mércores, 27 de novembro de 2013

Pulido por Capas...

 Partindo do uso de tres sinxelas ferramentas estes días os alumnos de perfeccionamento 2 estan a coñecer a técnica do Pulido por Capas, tamen chamada por algúns Xoiería en Coiro polo resultado obtido. Bisturí, Chifla e Lima, con estes tres utiles ademáis da "Merkel", como se lle chama á Dremel na nosa aula, para adiantar un pouco o traballo.
 Por outra banda Carmen Mariño, que foi alumna de Escultura e Talla en Madeira, antes de comezar a facer a lágrima se atreveu con este bloque que ela mesma costruiu, e aqúi podedes ver o seu estado antes do pulido....

Na Parte de arriba podemos ver o bloque montado, debaixo o bloque a medio tallar, e abaixo a Lágrima ou Mexillón como lle chaman alguns xa rematado despois de ser tinguido, pulido e barnizado.

mércores, 20 de novembro de 2013

A folla na folla...

Unha folla de carballo dentro dunha folla de periódico, esta peza é o xogo de este martes no Tórculo, Alba e máis eu, un martes máis xogamos cun anaco de coiro, como prepararación a un futuro traballo de colaboración e experimentación entre Obradoiros.











Pola súa banda Alba Pardo, a mestra de Serigrafía Artística da Escola está a facer probas de serigrafía sobre coiro... aqui vos deixo un adianto tras a plicación da primeira tinta...




xoves, 14 de novembro de 2013

Botóns

Esta semana pasaron pola nosa clase Emma e Alba, as Mestras de Moda e Serígrafía da Escola, para facer un par de probas coa prensa, e este é o resultado... Botóns e Prensa







venres, 25 de outubro de 2013

Margot Cembreros

De Córdoba a Xixón pasando por Vigo...
Lémbrovos a todos que hoxe ás 19.00 no Espazo EMAO inauguraremos a nosa Exposición Proxectos 2013, así que vos esperamos.
Margot Posando cun dos seus bolsos
E por outra banda chegamos ó noso destino Xixón onde vive unha Maestra do coiro, Margot Cembreros, a artesana que máis nos podería falar dos xogos co coiro, podedes descubrir máis do seu traballo en http://www.juegosdelmundo.com .
 Grazas Margot pola túa colaboración....



 -¿Como empezaches no coiro?, ¿Como descubriches o nobre material?
Empecei facendo xogos de mesa antigos ou de civilizacións que nos resultan exóticas. Utilizaba diversos materiais, así cheguei ao coiro que me cativou.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?O coiro é cálido, maleable, superversátil, agradable ao tacto, pode ter un brillo sen estridencias ou ser mate, é resistente e envellece moi ben.


-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
O labrado, ten moitas posibilidades para descubrir. Pero en realidade gústanme todas. O que menos me gusta é coser, aínda que me encantan os resultados.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?Un mural que teño empezado dende hai 7 anos, é unha peza única de creación e nunca encontro o momento de poñerme a rematalo.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?Consellos...... non me gusta dalos pero..... que se deixe levar polo entusiasmo. Se necesita copiar para aprender que o faga, pero que llo garde e desenvolva os seus propios modelos, sempre é mais gratificante e enriquecedor (ademais de respectuoso).
-¿Tes algunha ferramenta "especial"? Teño varias: Unha pata de cabra moi antiga que me regalaron e utilizo con frecuencia. Un cortatiras que me regalou un alumno e que era do seu pai zapateiro. Cuños caseiros feitos por outro alumno. Cuños caseiros feitos por min. E se te refires a estrañas teño un garfo ( dos de comer), unha espumadeira, unha tixola, unha bóla, bastonciños dos oídos.......








mércores, 23 de outubro de 2013

Parte da Peza da Exposición
 Este Venres ás 19.00 da Tarde no Espazo EMAO terá lugar a inauguración da Exposición "EMAO Proxectos 2013", no que se farán publicos os proxectos realizados durante o curso 2012-13 na nosa Escola.
Cartel da Exposición
Por parte da nosa Especialidade haberá una representación moi especial de Carlos Puente, Angela Da Rosa, Isabel Comesaña e Luisa Tenreiro. Este blog será tamén parte de esta Exposición, xa que na pestaña superior chamada "Mostrando o Coiro". O venres pola tarde máis.... Esperamosvos

E falando de Escola, un xeito de facer Escola e compartir traballos, ideas e abrir as portas dos talleres. Onte pola tarde seguimos facendo probas no Tórculo na clase de Serigrafía Artística, coa colaboración de Alba Pardo, a sua mestra. Esta vez o debuxo ven dado por un marcapáxinas e representa un casco tipo Troiano, e por outra banda conseguimos unha transferencia da folla dun periódico... Esperemos que vos guste... Seguiremos experimentando





venres, 18 de outubro de 2013

O Maestro José maría Ruiz


Retrato do Maestro
Esta semana seguimos coñecendo persoeiros do mundo do coiro polas terras do sur, se a semana pasada estabamos en Ubrique, capital da Marroquinaría, esta semana estamos en Córdoba, capital do traballo Artístico no Coiro. O Maestro José María Ruiz responde o noso cuestionario. Podedes seguir o seu traballo en Facebook (El-Taller-del-Artesano). Traballos clásicos e técnicas innovadoras... amor polo oficio...

 -Como empezaches no coiro?
Pura casualidade, o meu irmán por entón tonteaba coa zapataría e eu estaba demasiado ocioso.
-Como descubriches o nobre material?
A miña cidade ten unha longa tradición do coiro e aínda que nunca me dediquei ao traballo artístico, ata agora, era unha constante na artesanía de aquí.
-Que ten o coiro que non teña outro material?
Creo que o coiro como calquera material nobre ou natural, ofrece mil posibilidades para traballalo. Non menosprezo outros. Calquera traballo feito con amor á materia que o conforma pode resultar unha xoia.




-Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Dentro do traballo máis artístico que desenvolvín nos últimos anos, sen dúbida o "Coiro fervido"
-Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Todas as que me quedan por facer. Sempre a seguinte.
-Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que goce e investigue, pero que teña en conta o que xa está descuberto, non paga a pena tratar de inventar a pólvora.

                                                                                   -Tes algunha ferramenta "especial"?
Adoro as ferramentas, quizais a miña pequena colección de pulidores son do que máis me gusta.




mércores, 16 de outubro de 2013

Primeiras Pezas....

Os alumnos de Perfeccionamento 1 veñen de rematar a primeira das súas pezas deste curso, esperamos que vos gusten os resultados.
Yolanda

Nieves

Rosa

Pily


Xavier

Edith
Elisa
Marisa

Ruben

venres, 11 de outubro de 2013

Pepe Bazán,

Comezamos unha nova etapa do blog e a partir de agora , periódicamente publicaremos entrevistas como as que lle fixemos ós artesáns que participaron en 100x100 Coiro, ou os que nos visitan, pero agora participarán artesáns que teñen algo que transmitir e o queren compartir.
 Un referente a nivel Nacional no traballo do Coiro, e no amor polo Oficio e José Luis Bazán, un Maestro, con todas as letras, que como non, sendo de Ubrique non podía dedicar a súa vida a outra cousa, o Coiro, a nosa afección e para moitos a nosa paixón. Pepe tamén nos dedicou un tempo para que saibamos, quén é e que coñezamos o seu traballo.
Moitas Grazas Maestro...
-¿Como empezaches no coiro?, ¿como descubriches o nobre material?
Son a terceira xeración neste oficio, iso quere dicir que na miña casa como en case todas as de Ubrique se respiraba coiro por todos lados. O meu pai foi o meu primeiro mestre, el ensínoume a querer este material e o oficio. A súa curiosidade, a súa imaxinación e o coñecemento do traballo callaron en min ata namorarme en todos os sentidos do coiro. El sempre me dicía que quedaban moitos campos por investigar e que tiñamos que pensar e desenvolver novos obxectivos co coiro como base. Aos 12 anos comecei nun taller de repuxado, o dos irmáns Urbina, compartía o colexio co traballo de aprendiz. De hai pasei a Piel Anfe, un taller que na súa maioría se dedicaba á fabricación de estuchería e escritorios, en todos os talleres de entón aos aprendices nos poñían ao servizo dun Oficial que nos ensinaba o oficio, así que había que espabilar. O verdadeiro mestre e alma deste taller era Félix Sánchez, mentres que aprendía co meu Oficial aproveitaba con disimulo para estar atento a todo o que pasaba na súa mesa de traballo, el sen sabelo inculcou en mín máis se se podía o amor a este Oficio.
Anos despois xa como oficial fun pasando por talleres especicializados en diferentes técnicas, pequena marroquinería, maletíns, bolsos, etc.
Aos 19 con varios amigos montamos o noso primeiro taller, no que traballabamos por encarga.
Traballo un par de anos no taller de deseño da comercializadora de produtos Marroquineros de Ubrique en el facemos realidade os proxectos de marcas internacionais por non dar nomes pero que a maioría coñecemos, aquí coincido cun gran mestre Pera Ventura, el ensíname a ver doutro xeito, a ver formas, espazos...
Volvo montar outro taller esta vez coa miña compañeira Isa no que combinamos o traballo tradicional con algunhas técnicas diferentes.

O que segue, case 8 anos dedicado á formación de coiro en diferentes centros. Aquí combino a investigación coa docencia.
En febreiro cumpriu 11 anos Artenazari, o noso ultimo proxecto aquí xúntanse varias vertentes, investigación, produción, venda, e formación.
A formación de futuros amantes deste oficio, é á que máis tempo lle dedicamos. Estamos instalados no Centro Tecnolóxico da Pel de Andalucía en Ubrique e dende aquí organizamos os nosos cursos a nivel tanto Nacional coma Internacional.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
O primeiro, pertenceu a un ser vivo con todo o que isto significa. Podo estiralo, endurecelo, pintalo, e un longo etc. e ademais estou namorado como un rucho...
-Dentro das técnicas que coñeces ¿cal é a túa favorita?

A miña técnica favorita é investigar e difundir o que vou aprendendo, agora estou a experimentar con grandes formas, e texturas. Quedaría co moldeado.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
¿Soñades co coiro?, eu sí e aínda que vivise 200 anos me faltarían moitos mais para realizar só o que teño nos meus apuntamentos.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que o coiro é un Oficio ao que hai que amar, que temos que estar abertos para compartir e aprender de outros, e que non existen regras ás que atarse, que como todo neste universo é un camiño, unha forma de vida...
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
A chaveta ou chifladora que herdei do meu pai e que me acompaña dende entón...