Lémbrovos a todos que hoxe ás 19.00 no Espazo EMAO inauguraremos a nosa Exposición Proxectos 2013, así que vos esperamos.
Margot Posando cun dos seus bolsos |
E por outra banda chegamos ó noso destino Xixón onde vive unha Maestra do coiro, Margot Cembreros, a artesana que máis nos podería falar dos xogos co coiro, podedes descubrir máis do seu traballo en http://www.juegosdelmundo.com .
Grazas Margot pola túa colaboración....
-¿Como empezaches no coiro?, ¿Como descubriches o nobre material?
Empecei facendo xogos de mesa antigos ou de civilizacións que nos resultan exóticas. Utilizaba diversos materiais, así cheguei ao coiro que me cativou.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?O coiro é cálido, maleable, superversátil, agradable ao tacto, pode ter un brillo sen estridencias ou ser mate, é resistente e envellece moi ben.
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
O labrado, ten moitas posibilidades para descubrir. Pero en realidade gústanme todas. O que menos me gusta é coser, aínda que me encantan os resultados.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?Un mural que teño empezado dende hai 7 anos, é unha peza única de creación e nunca encontro o momento de poñerme a rematalo.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?Consellos...... non me gusta dalos pero..... que se deixe levar polo entusiasmo. Se necesita copiar para aprender que o faga, pero que llo garde e desenvolva os seus propios modelos, sempre é mais gratificante e enriquecedor (ademais de respectuoso).
-¿Tes algunha ferramenta "especial"? Teño varias: Unha pata de cabra moi antiga que me regalaron e utilizo con frecuencia. Un cortatiras que me regalou un alumno e que era do seu pai zapateiro. Cuños caseiros feitos por outro alumno. Cuños caseiros feitos por min. E se te refires a estrañas teño un garfo ( dos de comer), unha espumadeira, unha tixola, unha bóla, bastonciños dos oídos.......

Ningún comentario:
Publicar un comentario