venres, 28 de outubro de 2011

El Dorado

Proba de dourado realizada por Noemí e Pepe
Non se trata dunha pelicula nin dunha canción, o dourado e unha das tecnicas máis antigas para a decoración do coiro. De esta técnica derivan os coñecidos guadamecís españois que dende o século XIII deron esplendor ó noso oficio. Pois ben, este é un dos proxectos participantes Aula Aberta para este curso, así que xa temos unha proba do dourado do coiro, agora imos seguir "Xogando"coas diferentes técnicas de dourado e iremos amosandoas, esperamos que vos guste.

sábado, 22 de outubro de 2011

Perdón polo retraso

Ante todo debo pedir perdón polo retraso, xa que debido a problemas de memoria, non o puiden facer, non porque me olvidara, senon porque un virus atacou o meu ordenador e a sua memoriae me resultou un poco complicado.
 Pero bueno, por aqui estamos de novo, cun novo curso xa en marcha e soamente esperando que o rematemos coa mesma intensidade coa que arrincamos. O plantexamento da nosa especialidade segue sendo o mesmo transmitir o traballo do coiro nas suas diferentes técnicas e modalidades de traballo. O aprendizaxe será, despois da formación adquirida o curso pasado, basada en proxectos, cos que progresivamente iremos complicando e ampliando as opcións do traballo.En Iniciación o Repuxado será a técnica dominante e a partir de Perfeccionamento 1 (2º Ano)desenrolaremos novas técnicas, coma o labrado, o mateado, o pulido por capas, o trenzado, as costuras decorativas ou modelado.
E para rematar, este curso comeza cunha idea clara, pero que polo de agora soamente e iso, unha idea, difundir o traballo do coiro en Internet e abrir ainda máis o noso obradoiro á rúa, queremos que a xente coñeza o que facemos e como o facemos.
Ana P1b
Que cousas máis raras manda facer o Mestre.
Eva P1 A

Paula e Kelly P1B

Monica P1B