venres, 27 de novembro de 2015

Apretandonos o Cinturón con Estilo

Unha das pezas coas que a xente identifica directamente o traballo artesán en coiro é o cinturón, esta peza forma parte da programación da nosa especialidade, e os alumnos de Superior B xa remataron os seus, ¿qué vos parecen?


martes, 24 de novembro de 2015

Sporran 2015

Os alumnos de Superior B (Martes e Xoves) remataron estes días o seu Sporran, así vos presentamos os resultados, esperemos que vos gusten e Noraboa ós alumnos polos bos resultados
Rosa

Rosa 

Mayte

Irene

Marta 

Fran

Loli

Ángeles

Fernando



Alejandro


Pablo



María

xoves, 12 de novembro de 2015

Tres eran tres...

Vane, Ania e Carmen
Vane, Ania e Carmen, xunto con Alex os catro alumnos que no mes de Xuño acadaron a calificación de Apto no seu proxecto. Cada un realizando un traballo que afondaba no aprendido nestes tres anos de formación na especialidade de Artesanía en Coiro. Carmen se consolidou como a tallista do coiro, realizando pezas moi complexas aplicando técnicas de Talla na madeira, epecialidade da que foi alumna na Emao. Ania afondou na técnica do puído por capas realizando pezas de Xoiería en coiro. Vane,c oa colaboracíon de Emma, a mestra de Moda e Confección elaborou unha peza de vestir dende o deseño ata o acabado cunha decoración moi especial. E Alex construiu en madeira e coiro un moble de inspiración Medieval cunha gran carga histórica.
Por motivos alleos, soamente Vane, Ania e Carmen participarán na exposición que hoxe se inaugura, así que xa sabedes, vos esperamos no Espazo Emao ás 19.00, pero mentres un pequeno adianto....

Detalle de unha das pezas de Carmen

Detalle de unha das pezas de Carmen

Detalle de unha das pezas de Ania

Detalle de unha das pezas de Ania

Detalle de unha das pezas de Vane

Detalle de unha das pezas de Vane

martes, 10 de novembro de 2015

PROXECTOS 2015

Dentro das medidas implementadas no Plan de Estudos da Escola(1), deseñouse, para o alumnado que remataba os seus estudos nas distintas especialidades, a opción Aula Aberta-Proxectos. Nela ofrecíaselle a posibilidade de desenvolver, durante un ano, un proxecto de carácter persoal no que plasmar as aprendizaxes e inquedanzas do seu paso pola especialidade cursada na Escola.

Este proxecto individual --seleccionado previamente polo seu mestre/a, e supervisado por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime de titoría-- pode ter un carácter investigador, creador, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais...

Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2013-2014 e que, ao longo do curso seguinte, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os produtos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos. En todos eles plásmanse materialmente os obxectivos de excelencia técnica e creatividade que figuran como base do proxecto formativo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.  

Lugar: Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro  
Datas: do 13 de novembro ao 31 de decembro de 201 
Inauguración: 13 de novembro ás 19:00 horas  
Horario de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas


PRESENTACIÓN DE PROXECTOS 2015

No obradoiro de Artesanía en Coiro, a técnica do puído por capas ou laminado en coiro, é unha técnica que nos últimos tempos está a adquirir un pulo artístico moi importante, aínda que tradicionalmente se empregaba para facer os tacóns dos zapatos. Na actualidade dedícase á chamada xoiería en coiro, á escultura, ou como recheo para outras técnicas. As dúas alumnas amósannos dous puntos de vista diferentes do seu emprego: a talla, como se de madeira se tratase, e a xoiería, cuns resultados espectaculares. O corsé é unha peza de vestir cun carácter especial.
Nunha das pezas contamos coa colaboración da especialidade de Moda e Confección da nosa Escola, fundindo a tradición do repuxado na EMAO coa temática do estilo Sheridan do carving americano.

aula de Cerámica presenta tres propostas: unha de carácter conceptual en torno ás doenzas mentais a partir dunha instalación; a segunda emprega un bodegón para amosarnos a cerámica tradicional con pezas empregadas en toda Galicia, sobre todo nos lugares chamados aldeas dos oleiros; a terceira proposta recrea en pezas de porcelana a vida de tres mulleres buzo do Xapón, tres irmás que se mergullaban nas augas e atopaban tesouros que gardaban para transformar.

aula de Debuxo presenta catro proxectos moi diversos, en diferentes técnicas e estilos cunha vinculación con outros obradoiros, neste caso cos de Serigrafía eCerámica, para o desenvolvemento final dos proxectos.

En Deseño e encaixe de palillos, sentir, converxer ou soñar, son palabras que describen os proxectos desta especialidade, xa que neles se entrelazan ideas e procesos nos que o tecido latexa de forma coherente, desde a orixinalidade que desenvolve o deseño ata a técnica empregada.

En Talla e escultura en madeira os traballos dos dous alumnos son dispares: por unha banda, presentase “O buffet”, formado por unha serie de esculturas que representan un menú gastronómico: dende os deliciosos aperitivos, os primeiros, uns suculentos segundos pratos e, rematando o conxunto, a tan saboreada sobremesa; na segunda peza, a madeira é a protagonista absoluta nun traballo clásico pero cunha acertada execución.

A aula de Moda e confección presenta varios vestidos da subcultura xaponesa chamada Lolita. Este tipo de vestidos entraría dentro da categoría Hime Lolita, estilo inspirado no Rococó, con perlas, voantes e puntillas, confeccionados con teas de algodón, piqué, crep, puntillas de algodón e guipur. A enagua que leva debaixo denomínase, dentro deste estilo, petticoat, e está confeccionada con forro e tul grosos para que lle dean pomposidade ao vestido. Ao mesmo tempo as pezas levan popelín e baleas para que teña rixidez.

Na aula de Pintura a experimentación é a nota predominante en todos os proxectos. Como curiosidade, salientar que boa parte do alumnado se apoia para a súa proposta na estética do collage en diversos materiais e soportes, técnica ensinada na aula no terceiro ano, que cada vez ten máis adeptos no mundo da arte. Outra parte do alumnado apostou polas técnicas tradicionais, en pezas realizadas en espátula e pinceis, algunhas de raigame romántica, exentas de figuración, e outras de grande expresividade, onde a figura humana é parte esencial, mentres a abstracción e o ready made, con materiais extrapictóricos como punto de partida, aparecen nunha soa peza presentada como unha sorte de instalación.

aula de Serigrafía presenta unha serie de 10 serigrafías únicas e independentes sobre taboleiros de madeira de okume, no que o degradado de cores é o contrapunto estético de figuras xeométricas e zonas de cores planas, así como o nexo común do proceso de realización do proxecto. Cada unha das estampas contempla algunha técnica complementaria coma o estarcido, a máscara ou o borrado a presión, para afondar na experimentación co degradado das cores, luz e/ou intensidade.

Finalmente, a aula de Ourivaría presenta dúas propostas: na primeira, a xoia está construída artesanalmente con prata de lei e pedras mariñas recollidas na praia. O obxecto encontrado que xera un diálogo co espectador é un dos intereses desta peza, así como tamén a capacidade técnica para a montura e o engarzado destes elementos. No segundo proxecto, a xoia está elaborada a partir de lámina de prata de lei, cun deseño xeométrico e tratamento de calado e conformado, primando a funcionalidade, a técnica e o acabado.

(1) O Plan de Estudos ao que pertencen os proxectos que se mostran nesta exposición, foi substituído en 2015, por un novo Plan (PEMAO2015). A actividade Aula Aberta-proxectos, pasa, a partir do curso 2015-2016 a conformarse como un novo curso da especialidade (nivel Avanzado)

luns, 2 de novembro de 2015

A nova aula

Este curso pode parecer que estamos un pouco preguiceiros, pero non paramos, e non nos deu tempo a ensinarvos o que estamos a facer.
En breve poderedes ver o que os nosos alumnos están a facer, pero polo de agora o que sí que ides a ver é o que fixemos os profescoa axuda do persoal de mantemento e limpeza foi preparar a nosa nova aula, aquí podedes ver un adianto.
Así era en xullo



E así está agora







ESPERÁMOSVOS