martes, 2 de novembro de 2010

Hispania e o boom da recreación Histórica

A semana pasada Antena 3 estreou a serie "Hispania", na que se recrea a conquista da Peninsula Ibérica polo exercito romano. Ademáis de por ter unha productora da nosa terra recomendo con moito interese que polo menos se vexa un capitulo, xa que a ambientación considero que é moi boa, e nos axuda a darnos conta da importancia que o traballo do coirotivo o longo da historia. Os uniformes dos soldados romanos están moi logrados e nos amosan que sen a aplicación do coiro ós uniformes o que foi un imperio nos tería chegado a tanto.
Poboador íbero da serie de Tv
A lixeireza das armaduras de coiro á vez que a súa resistencia, a implantación do calzado (as famosas sandallias)e as numerosas correas que lle facian máis doado o transporte do equipo, fixeron de este exercito unha forza que era capaz de camiñar durante máis tempo, é de extenderse coi moita máis facilidade que outros exercitos anteriores que intentaron o mesmo.
Volvo a insistir, e recomendo totalmente polo menos ver un capitulo buscando obxectos de coiro, que van dende as armaduras, os brazaletes pasando polas selas de montar ou as tendas de campaña.
Xa que falo de este tema teño que recomendar a visita de duas páxinas de recreación histórica das que coñezo que son un claro exemplo de como o coiro serve para outras cousas cotiás que nos son nin bolsos nin carteiras pero ós que si se lle poden aplicar.
http://almogavares.foros.ws/
Tratase de páxinas moi ben documentadas das que podemos sacar moitas ideas e técnicas de traballo o se  levan empregando moito tempo e que podemos aplicar no noso traballo.