| Peza de María Velilla PII, que ilustra as bágoas que o coiro derrama hoxe. |
Vamos a botar de menos a súa alegría, as súas prisas por rematar, as súas pulseiras, xa non teremos a quen chamar Ángel, xa ninguen dirá iso de "los que llevamos trenzas", as ensaimadas non nos van a saber igual...
Non teño moito máis que poder dicir porque as palabras non me saén. Só sei que o vamos a botar moitísimo de menos, e que o lúns a clase non vai ser igual, porque vai haber unha cadeira valeira na clase, cada vez que chamen á porta esperaremos que sexa el, pero me temo que non vai ser así aínda que de Luís se pode esperar todo, como a súa última visita en cadeira de rodas á clase, na que cando sorprendidos o vimos entrar pola porta mirando as nosas caras de de sorpresa dixo algo así como " se non veño eu quen lle vai a tocar as narices ó profe"
O coiro chora, as nosas ferramentas están tristes, pero máis tristes estamos nós...
Ata sempre Luis... unha aperta.
Carta publicada no Progreso de Lugo que fala sobre Luis




