mércores, 2 de maio de 2018

Convocatoria do curso monográfico na EMAO "Faldriqueiras e Foles" (Artesanía en coiro)

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte convocatoria dun curso monográfico a desenvolver nas datas e horarios que se indican, dirixido ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso en ningunha das especialidades da EMAO no curso 2017-2018:

Especialidade de Artesanía en Coiro ,Curso: “Faldriqueiras e Foles” 

Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables desta artesanía, que non estean matriculadas en ningunha das especialidades da EMAO no curso 2017-18
Datas e horario: do 11 de Maio ao 29 de xuño, os venres de 10:00 a 14:00 horas (o 11 de maio será de 10:00 a 12:00 será a presentación do Curso e explicación de materiais).

Inscrición ata o 9 de maio 
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15

Programa: 
Presentación:
De orixe mozárabe a verba faldriqueira describe unha bolsa que se ata na cintura e se leva por debaixo da roupa . A intención deste curso monográfico é a realización de catro modelos aplicándolle a cada un un tipo de fol diferente.
Contido:
  • Selección do material máis adecuado a cada tipo de fol.
  • Estudio e Construción dos tipos de foles.
  • Aplicación de costura decorativa con tireta plana e de borde.
  • Sistemas de adaptación á correa.
  • Ferraxes e Fornituras.
Material a aportar polo alumnado:
Lezna ou tenacilla, tireta e fío encerado, agullas para tireta e fío, poldro, vaquetilla, serraxe, cabra e porco (non se debe adquirir ata despois da explicación dos materiais necesarios na primeira sesión do curso.
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO

Inscrición:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de Correo electrónico:
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade de Artesanía en coiro na EMAO e/ou documentación que acredite coñecementos previos desta artesanía.
       Prazo de inscrición: ata o 9 de maio de 2018 

Solicitudes: 
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2017-2108
Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria
A inscrición farase, por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas. En todo caso, terán prioridadeas persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables desta artesanía

confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase ás persoas da lista de reserva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario