martes, 22 de novembro de 2011

Tranversalidade- Colaboración

A idea de que a colaboración entre obradoiros é o que fai Escola é unha idea que comparto, así que tratamos que isto se faga realidade no dia a dia. A sorte coa que contamos a diferencia dun obradoiro illado é que podemos completarnos e axudarnos mutuamente á hora de traballar.
Para mostra tres botóns:
Colgante de Técnica mixta
 Colgante feito pola alumna de Encaixe de Palillos Emilia Fernánde Cendón combinando os fios de Algodón sobre Coiro cunha trenza de coiro rematando os cantos da peza. a técnica de encaixe aplicada é o Guipur. En colaboración
con Encaixe de Palillos e a Mestra Marián Nuñez







Mazo, corpo doutro mazo e chaveiro torneados en coiro.
 Pezas de Coiro torneadas no Obradoiro de CAIM Gaita como proba práctica para a aplicación dunha téncica propia de Madeira sobre outro material, o Coiro. Pezas realizadas entre os Mestres Carlos Corral e Pepe Pereira.
Semiesfera de Carlos Puente






 En colaboración cos Mestres de Modelado Federico Fernández e María Heredero, e o Mestre de Cerámica Miguel Vázquez. No obradoiro de Modelado fixeron os moldes da semiesfera e da cara, e no de Cerámica foron cocidos e esmaltados, o resultado é un soporte ideal para o moldeado do Coiro





Máscara de Pepe Pereira sobre o Molde de Andrea Piñeiro.








Próximanente Moito Máis

venres, 11 de novembro de 2011

O Coirobol

Isabel
Base Isabel
Este é o nome que lle demos á primeira peza do programa de Perfecionamento 2, "etimolóxicamente" proven de mesturar un bol co coiro, é dicir, facer elementos contenedores destinados á decoración co coiro como materia prima. Os paso que seguimos para a elaboración da peza son como en calquera outra peza marcar os patróns, cortalos, preparar as pezas para a costura e coselas. Unh vez que temos todas as caras cosidas cortamos a base a partir do corpo que teñamos elaborado e a cosemos. Cando xa temos a costura rematada o sumerximos e auga para que ablande, e o moldeamos cun molde de area. So queda deixalo secar para que endureza e rematar os cantos. O ultimo paso seria darlle un acabado protector, xa que coa auga a flor da pel pode deteriorarse.
 O Material empregado para a peza é a vaqetilla, tinguida ou en pasta, esta ultima é a máis apropiada.

Base Angela

Carlos

Felisa

Luisa














Iria







Mariana

Novos Amigos

Os nosos amigos no Obradoiro
Onte pola mañá recibimos no obradoiro unha grata visita, máis de vite amig@s da Asociación "Down Vigo" pola mañan visitaron a Biblioteca, a clase de Pintura, Encaixe de Palillos e a nosa, Artesania en Coiro. Pola tardevisitaron os tres obradoiros de Caim. Pola nosa parte e gracias o traballo dos alumnos da mañán lles tiñamos preparada unha sorpresa. como xa sabiamos con antelación que ian vir fixemoslles unhas pulseiras,  para que levaran un "souvenir" da nosa especialidade. A verdade é que quedaron moi contentos, e nos ainda máis. Fixeron moitisimas preguntas, o que se agradece moito, e estuveron moi atentos ás nosas explicacións. Foi moi entretido, xa que alguns como Rut xa fixeran algo de repuxado, así que acertaron as respontas ás preguntas que lles faciamos para a explicación.
O gasallo que lles fixemos.




Así que amigos xa sabedes onde estamos esperandovos cos brazos abertos.

MOITAS GRAZAS.