luns, 29 de outubro de 2012

Traballiños de Verán Capitulo 2

Bolso "Baguette
Aquí vos deixo uhas fotos dos bolsos que fixo Carmen Mariño de Perfeccionamento 1 A, son dúas pezas con historia a primeira, o bolso tipo "Baguette" deulle alguns problemas á hora de preparar o "vinegaroon", así que non quedou negro de todo, pero este problema se transforma en virtudexa que podedes ver a extraña cor que resultou. O outro bolso presentaun resultado final con parecido ó bolso "Kelly" de Hermes.

Bolso tipo Kelly 

venres, 26 de outubro de 2012

Traballiños de Verán Capitulo 1

Estes son algúns dos traballos que alguns dos alumnos fixeron duarante as vacacións, para comezar unha peza moi curiosa, que para os alleos á escalada chama moito a atención, a magnesera, é unha pequena bolsa que os escaladores levan colgada  e chea de magnesio que impregnado nas máns facilita o agarre nas rochas. Aquí tedes un modelo realizado pola alumna Celsa Pérez de Perfeccionamento 2.



venres, 12 de outubro de 2012

Conexión Inexplicable

Este é o nome que recibe a exposición inaugurada onte no Espazo Emao ( sala de exposicións da nosa Escola), ás sete da tarde. Este acto contou coa presenza da concelleira de Educación e presidenta do Organismo Autonomo da Escola de Artes e Oficios Raquel Díaz.
A inauguración contou coa colaboración do director da E-Trad Rodrigo Romaní e unha alumna que interpretaron unhas pezas musicais coas súas arpas. "Conexión Inexplicable é un proxecto común entre a fotografa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista galega  Antía Sánchez.

No Espazo Emao ata o 8 de novembro de 19 a 21 horas de luns a venres

martes, 9 de outubro de 2012

Fin de seman de Festa

Entre o vindeiro día 18 e o 21 terá lugar en Nashville (Tennesse USA) a 46 edición do "International Federation of Leather Guilds Conference and Trade Show", a que na edición do ano pasado fora denominada Leather Fiesta, e esta pode ser a súa mellor traducción a Festa do Coiro.
Clases, pinchando aquí podes ver o calendario de clases e prezos dos cursos impartidos polos primeiras liñas do mundo do coiro como Akiko Okada, Bob Klenda, Chan Geer ou Robert Beard entre outros.
http://iilg.org/ifolg2011/index.html
Este encontro trata de reunir a afeccionados e profesionais do mundo do Traballo do Coiro e darlles a oprtunidade de coñecerse, formarse participar en concursos ou mercar e coñecer ferramentas e materiais.
Aquí vos quedan algunhas fotos e se estedes interesados ainda estades atempo de mercar o billete de avión...
http://iilg.org/ifolg2011/index.html


http://iilg.org/ifolg2011/index.html

xoves, 4 de outubro de 2012

Despegando...

Xa comezou o curso, todas os grupos tuveron xa a súa primeira clase e o  novo curso xa está en marcha, así que ¡¡¡¡DESPEGAMOS!!!
Así pois a traballar que é o que toca, que este curso promete.

Comeza o novo  curso e seguimos esperando que nos botedes unha man para engadir direccións de interese para o blog.

luns, 1 de outubro de 2012

Somos como Lavadoras...

Xa non quedan días, soamente horas, o día 2 ás dez da mañán comezará o curso 2012-13...
Este curso vai ser un curso especial, novas pezas, novas técnicas, novas sorpresas e novos alumnos, neste caso 18 que comezarán as clases o xoves. Así que benvidos e abrochadevos os cinturóns que comeza a conta atrás para o despegue... 10,9,8,7,6...
Despegamos.
Espéramosvos na clase.

P.D. Para o primeiro día de clase non fai falla ningún material especial