venres, 12 de outubro de 2012

Conexión Inexplicable

Este é o nome que recibe a exposición inaugurada onte no Espazo Emao ( sala de exposicións da nosa Escola), ás sete da tarde. Este acto contou coa presenza da concelleira de Educación e presidenta do Organismo Autonomo da Escola de Artes e Oficios Raquel Díaz.
A inauguración contou coa colaboración do director da E-Trad Rodrigo Romaní e unha alumna que interpretaron unhas pezas musicais coas súas arpas. "Conexión Inexplicable é un proxecto común entre a fotografa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista galega  Antía Sánchez.

No Espazo Emao ata o 8 de novembro de 19 a 21 horas de luns a venres

Ningún comentario:

Publicar un comentario