luns, 25 de xuño de 2018

Chegou e Verán á EMAO

Chegou o verán á EMAO, e con el os cursos de verán, dende o noso obradoiro xunto có de Construcción de Gaita  vos ofrecemos un curso moi interesante.
“Ferramentas para traballar o coiro de madeira”
As ferramentas para traballar o coiro foron evolucionando coa evolución técnica do oficio, pero ainda moitos séculos despois algunhas apenas cambiaron, con este curso pretendemos facer un achegamento á ferramenta e os seus usos baixo o punto de vista da súa construcción e adaptación ó uso que se lle vai dar.

As veces resulta dificil atopar unha ferramenta adecuada para realizar un traballo especifico e incluso o mercado non sempre nos pode aportar unha solución ó que estamos a buscar, con este curso pretendemos darlle ós alumnos as capacidades para solventar este tipo de problemas ou incluso a desenvolver novas ferramenta. As pezas que se farán serán cabos para leznas, bruñidores, pinzas de costura, un mazo para labrado ou soportes para ferramenta.

Impartido por: Pepe Pereira e Carlos Corral, mestres respectivamente na EMAO das especialidades de Artesanía en Coiro e Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM)-Gaita
Aulas de: Artesanía en coiro e CAIM Gaita : “Ferramentas para traballar o coiro de madeira”
Destinatarios: Persoas interesadas no traballo no coiro, que non estean matriculadas na EMAO no curso 2017-18. 10 prazas.
Datas: do 9 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 30 horas



1 comentario:

  1. Ola, gustoume moito o artigo, son incribles as cousas que se poden facer a man, a perfección que se consegue na textura do material é incrible. Gustaríame que botes unha ollada a un coiro moi popular artesanía marroquí

    ResponderEliminar