luns, 31 de decembro de 2012

Un Ano que se vai....

  
Uns marchan e outros veñen, en tan so unhas horas este ano que nos acompañou vai marchar, e vai vir un novo ano que xa entes de que comece nos din que non vai ser bo, pero este que estamos a rematar tampouco o foi, así que vou lembrar alguns momentos que para mín foron incríbles e a ver si así pidemos ir indicandolle a 2013 as directrices que ten que seguir para que sexa un pouco mellor...


A principios do mes de Marzo tiven a oportunidade de coñecer ó Maestro Tony Laier en Jerez, foi para mín unha oportunidade única, da que aprendín moitísimo sobre coiro e sobre as persoas...
A principios do mes de Maio e Tamén en Jerez tiven ocasión de estar aprendendo novas técnicas co Maestro Charles Davenport, 26 horas de autobus que mereceron totalmente a pena e que volvería a facer hoxe mesmo, xa que o aprendido con él durante unha mañá foi moitisimo...






Durante o mes de Maio nos deixou Luis, un alumno moi especial de Iniciación, onde queira que estés... Unha Aperta



No mes de Xuño rematou o curso e o alcalde de Vigo Abel Caballero veu á nosa Escola á entrega de Diplomas para os alumnos que acabaron a especialidade, na nosa clase Iria, María, Luisa, Ángela, Felisa, Elisa, Isabel e Carlos
Feliz 2013!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

luns, 24 de decembro de 2012

Bo Nadal!!!!!!!

Dende o Obradoiro de Artesania en Coiro da EMAO, queremos desexarlle ós nosos alumnos, mestres, persoal da Escola, amigos, proveedores e seguidores do blog, Un BO NADAL!!! e que o 2013 sexa un pouquiño mellor que este ano que marcha...

sábado, 22 de decembro de 2012

Xa chegaron as vacas e o mundo ainda non rematou...

Pois si, parece mentira, pero como dicía algún,o 21 de decembro vai a pasar a ser o dia dos inocentes para a cultura maya... o mundo non rematou, os nervios por acabar as pezas, colocar 50 remaches, 500 broches e tinguir 200 pulseiras... O trimestre remata aquí, así que toca descansar, poñer en práctica  o aprendido e repoñer forzas, que temos que comezar o 2013 con enerxia, xa que apunta a que imos ter moito que facer e aprender...

venres, 14 de decembro de 2012

Sara e Carmen, Carmen e Sara...

Carmen de P1A nos presenta este rosetón repuxado a medio facer, xa que o luns comezará o seu policromado, e tamén nos presenta os primeiros traballos da súa filla Sara de 11 anos unhas bonitas pulseiras. Transmitindo coñecementos, como debe ser...


Para una persoa especial

 Partindo dun patrón de Martha Stewart, Lourdes de P1A rematou o lúns esta funda para o Ipad dunha persoa especial, este traballo colaborativo ten un resultado incríble, cunha sinxela costura e un rèpuxado perfecto, que vincula directamente a fnda co seu contido.
Noraboa!!!, para o Ipad que vai levar este abrigo protector...

mércores, 5 de decembro de 2012

De Miercones o Vierles

Pois si, este é un dia que non sabemos como denominalo, xa que é un mercores con sabor a venres, así que para que desfrutedes dunha fin de semana pensando en coiro aquí vos deixo unhas pezas coa idea de transmitir que unha mesma costura pode ser un elemento constructivo ou soamente decorativo nunha peza. Espero que vos guste.

Moedeiro. Celsa P2B





Brazalete.Evi P2a




Collares para Nero e Neska. Paula P2b