xoves, 28 de xuño de 2012

Este curso está a rematar...

Xa non queda nada, esta tarde celebramos a Festa de fin de Curso no patio de Cerámica e mañá, o venres terá lugar ás 18,30 horas, no Salón de Actos da Escola a ENTREGA DOS DIPLOMAS CONMEMORATIVOS DA FINALIZACIÓN DOS ESTUDOS NA EMAO aos alumnos e alumnas que remataron neste curso 2011-2012 o último nivel da súa especialidade (Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística; Perfeccionamento II no resto das especialidades). Os diplomas individuais serán entregados polo Excmo. Alcalde da nosa cidade no transcurso do acto, xunto cunha serigrafía de agasallo para cada un, producida e seriada especialmente para este ocasión polos obradoiros da Escola. A aportacióndo noso obradoiro será persoal e recolleran os seus diplomas Carlos, Iria, Elisa, Felisa, Isabel, Ángela, María e Luisa...
Dende aquí quero que saibades que estou moi contento destes tres anos xuntos, as clases, as merendas inesperadas, as risas, a gran preocupación por Ortega Cano... todos os momentos que pasamos, sen esquecer ós compañeiros que foron quedando polo camiño pero que seguen ahi. Grazas por todo, grazas por cada clase, cada soriso e por cada momento que con vós foi divertido.
Moitisimas GRAZAS e xa sabedes onde estamos... e tende por seguro que vos imos a botar de menos.

Sandalias para a descalza de Santiago

Hai alguén que vai poder pisar os charcos de Compostela estreando unhas sandalias feitas no noso obradoiro, esperamos que lle gusten e Siempre pa´lante

mércores, 27 de xuño de 2012

Pulseiras

 Pulseira repuxada con punto español simple.Miguel IA
No programa da nosa especialidade unha das pezas que temos prevista como proxeecto para aprender as costuras e os trenzados son as pulseiras, aquí tedes algunhas a modo de exemplo...

Pulseira Reciclada dun cinturon. Manuel PIA

Correa para reloxo troquelada e punto español dobre.
Teresa PIA

Pulseiras con diferentes técnicas e costuras. Carmen IA

Pulseiras con diferentes técnicas e costuras
 combinadas con apliques reciclados
Rosa IA

Non lle busques os tres pés ao gato, búscallos ao banco

Iria PII
Este curso que xa está a rematar fixemos na clase catro de estas pezas, as últimas as fixeron María Velilla e Iria de Caceres, aquí vos deixamos unhas fotos para que o vexades. Esperamos que vos gusten.




María PII

venres, 22 de xuño de 2012

Outro Lume...

A Escola segue a prender lume na vida cultural Viguesa, copia e pega do blog da Biblioteca... alí estaremos esperendovos...



 Hoxe 22 de xuño ás 19,30 horas, inauguramos unha nova mostra da Sala de Exposicións da EMAO, que permanecerá ata o día 18 de setembro (agosto pechada).
Expo Fanzine GB5, é o resultado do proxecto de ideación e creación dun fanzine por parte de alumnado da especialidade de Serigrafía artística da Escola, baixo a coordinación do seu mestre, Nelson Villalobos. Nela despréganse os orixinais que se inclúen na publicación, bocetos, obra serigrafiada e orixinal sobre papel ata un total de 50 obras individuais. A través das obras e instalacións e videos que compoñen a mostra, danse a coñecer tamén os procesos de desenvolvemento da idea, creación, producción e impresión desta publicación, que será presentada o día da inauguración da Exposición.
GB5 é o nome con que se bautizou ao fanzine elaborado no derradeiro trimestre do curso 2011-2012, no Obradoiro de Serigrafía artística da EMAO polo alumnado de primeiro curso desta especialidade, que será
presentado o día de inauguración desta mostra.
A idea deste proxecto creativo e técnico, xurdíu de diversas conversacións na aula-obradoiro, sobre arte, arte urbana, a serigrafía como ferramenta de expresión artística, e sobre as posibilidades que, aínda hoxe, segue a ofrecer esta técnica no mundo da arte, da imaxe, da comunicación visual, do deseño
da moda, da publicidade, etc. Con este proxecto quérese amosar a todo o mundo o que se fai neste obradoiro, o que o alumnado é quen de crear e transmitir; que mellor maneira de que os nosos traballos cheguen ao público en xeral que editalos nunha publicación sinxela, creativa e artística á par que artesanal. Esa é a esencia do fanzine, unha publicación libre ao alcance de todos.
EXPO FANZINE GB5. Con esta nova exposición no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, preséntase publicamente esta edición, acompañada dunha zona didáctica na que se explica un pouco o proceso serigráfico realizado polo alumnado, a elaboración do fanzine, bocetos do mesmo e doutras obras, serigrafías, instalacións, video, etc. que resumen dalgunha maneira o que foi este primeiro ano de traballo en equipo, creatividade, ilusión, e sobre todo MOITA ARTE!!!. A exposición, comisariada polo alumno da Escola, Santiago Zubizarreta, contou co asesoramento técnico e artístico do mestre da especialidade de Serigrafía artística da EMAO Nelson Villalobos e do de Debuxo técnico e Volume e modelado, Federico Fernández, así como da antiga alumna desta especialidade, Yellice Rodríguez, que foi invitada a participar.

GB5 son: Alberto Ardid, Araceli Paz, Alberto Santos, Santi
Zubizarreta, Iria Vázquez Costas, Ana Villegas, Esteban Bernárdez, Flor Villar, Xandra Costas, Marcos González, Ramón Lopez, Sergio Covelo Moreira y María Almazán, alumnado de Serigrafía Artística I da EMAO.

Cada un dos integrantes colabora con dúas obras da súa propia autoría, con total liberdade de expresión e técnica.
Inauguración: 22 de xuño ás 19 horas
Datas: ata o 18 de setembro de 2012 (agosto pechada)
Horario: de luns a venres de 19:00 hs. a 21:00 hs.
Lugar: Espazo EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro. Organiza: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)

Máis información no blog dos alumnos de Serigrafía artística da EMAO

Mini zapatos

Manuel PIA
Xa a piques de rematar o curso aquí tedes una par de pezas que se remataron esta semana, se trata de miniaturas de mocasins e sandalias, elaboradas como proba, as sandalias pertencen a Iniciación e os mocasíns a Perfeccionamento I. Esperamos que vos gusten... 
Raquel e Raquel Iniciación


Teresa PIA

Gaudencio PIA

Raquel PIA

venres, 15 de xuño de 2012

A EMAO conquistando Vigo

Vigo arde culturalmente polos catro costados, e a EMAO é quén está a provocar este lume.
Primeiro lume-Hoxe ás 20,30 H, terá lugar no Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, un concerto a cargo do departamento deMúsica Antiga do Conservatorio "MANUEL QUIROGA" de Pontevedra.
Esta actuación forma parte das actividades de colaboración que desde hai anos mantén ese Centro de ensino coa EMAO, especialmente co obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM-Luthería antiga).
Unha estupenda oportunidade para escoitar, en vivo, música dos séculos XVI, XVII e XVIII, interpretada cos seus instrumentos orixinais: viola de gamba, teorba, guitarra barroca, frauta de bico…
A entrada é libre ata completar o aforo
Segundo lume-O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organizou unha mostra colectiva cos seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de xuño. A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño.
Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na nosa Escola.

DATOS EXPOSICIÓN:
TÍTULO: Abstracción sine qua non
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (r/ García Barbón,2 -2º andar)
DATAS: do 1 ao 21 de xuño
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres



Terceiro e cuarto lume- O mestre de Serigrafía Artistica da Escola inaugurou onte dúas exosicións na cidade, unha na Casa das Artes e a outra "Detrás do Marco" que estarán abertas ata o vindeiro 15 de Xullo.










Así pois, a traballar para segguir dando ¡LUME!

luns, 11 de xuño de 2012

Aula Aberta e abrindo aula...

Algunhas das pezas de Noemí.

O venres da semana pasada volveu de Genalguacil (Málaga)  Noemí, alumna de Aula Aberta, que estivo uns días realizando un curso co MESTRE José Luis Bazán, as pezas que troxo para amosarnos son incríbles, aquí podedes ver algunhas e vós me contaredes... A verdade é que polo que dixo Noemí aprendeu moitísimo do gran mestre, dende aquí e morrendo de envexa enviamoslle un forte abrazo.
http://www.artenazari.com/


Andrea Torneando un brazalete
Por outra banda está maña estivemos no obradoiro de CAIM. da Escola elaborando unha das pezas do traballo do proxecto de Andrea Piñeiro. A mañá pasou enseguida entre tornos, e o resultado xa vos adianto que foi incríble. O torneado do coiro está ainda en fase experimental pero cada peza supera as expectativas plantexadas...

venres, 8 de xuño de 2012

De ben nacidos é ser agradecido

Como comentou Anónimo na anterior entrada "de ben nacidos é ser agradecido" Así pois grazas a catro persoas especialmente, Tony, Charlie, Brian e Lien, estes catro nomes resumen  a un amplo équipo de traballo o de TLF. Grazas por apostar por nós e por axudarme a facer as máis das entradas de este ano, grazas personalmente polo trato recibido, polo interese no nóso traballo e por as continuas demostración de interese. Grazas ós fundadores da nosa Escola e a todos os que co seu traballo por ela fixeron que a nosa Escola esté onde está e seguirá estando. Nós dende aquí seguimos traballando, para non baixar o listón e seguir traballando para que os Oficios, no meu caso os do coiro, non se perdan e os artesáns do presente e os do futuro conservemos a tradición e non se perda nin unha soa técnica, ferramenta, peza ou calquera outra parte do oficio.
Así pois, GRAZAS...

As it commented Anonymous in the entered previous one "of well borne it is to be thanked" for So thanks to four people, especially Tony, Charlie, Brian and Lien, these four names summarize to a wide equipment of work that of TLF. Graces for betting for us and for helping me do the more of the entries of this year, graces personally for the received treatment, for the interest in our work and for the continuous ones demonstration of interest. Thanks to the founders of our School and to all those that with his work for it made our School be where it is and will continue being. We from here continue working, so that does not lower the lath and it continues working so that the Crafts, in my case those of the leather, are not lost and we, the craftsmen of the present and those of the future, preserve the tradition and itself does not waste even a single technique, tools, piece or any other part of the crafts.

So, THANK YOU A LOT...