Vigo arde culturalmente polos catro costados, e a EMAO é quén está a provocar este lume.
Primeiro lume-Hoxe ás 20,30 H, terá lugar no Auditorio da
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, un concerto a cargo do departamento deMúsica Antiga do Conservatorio "MANUEL QUIROGA" de
Pontevedra.
Esta actuación forma parte das actividades de colaboración que desde hai
anos mantén ese Centro de ensino coa EMAO, especialmente co obradoiro de
Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM-Luthería antiga).
Unha estupenda oportunidade para escoitar, en vivo, música dos séculos
XVI, XVII e XVIII, interpretada cos seus instrumentos orixinais: viola
de gamba, teorba, guitarra barroca, frauta de bico…
A entrada é libre ata completar o aforo
Segundo lume-O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organizou unha mostra colectiva cos
seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua
non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de
xuño.
A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño.
Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na
nosa Escola.
DATOS EXPOSICIÓN:
TÍTULO: Abstracción sine qua non
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (r/ García Barbón,2 -2º andar)
DATAS: do 1 ao 21 de xuño
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres
Terceiro e cuarto lume- O mestre de Serigrafía Artistica da Escola inaugurou onte dúas exosicións na cidade, unha na Casa das Artes e a outra "Detrás do Marco" que estarán abertas ata o vindeiro 15 de Xullo.
Así pois, a traballar para segguir dando ¡LUME!
Ningún comentario:
Publicar un comentario