xoves, 18 de xullo de 2013

A vaca en coiros

Soamente quedan horas para que como xa sabedes se inaugure a exposición "Branco e Negro" das especialidades da Emao, na que os alumnos dos obradoiros dan a súa visión sobre estas dúas cores e o que representan. A mensaxe que transmite a nosa peza e sinxela. Partindo de que o branco no coiro e unha cor que non existe como tal xa que ven dada por un un pigmento, que moitas veces non deixaría apreciar o poro da pel, e contamina a súa percepción. Pólo que pasamos a considerar o branco como a cor da pel en pasta, e dicir, sen ninguna cor, soamente curtido.
A peza elixida está composta por dous elemtos, una pel de vaca e o seu cráneo.
A pel representa a idea máis común sobre o coiro, una pel de vaca branca con manchas negras, estas manchas que son tres representan os tres negros máis comúns que son os que empregamos na clase, o tinte de anilina, a tintura francesa e o vinegaroon. Cada unha ademáis representa, un dos tres xeitos de unión de pezas máis empregados, a costura con fío, a costura con tireta e o remachado. A pel está inscrita nun bastidor de madeira que identifica ó curtido primitivo.
Por outra banda o cráneo da vaca está elaborado mediante a técnica do modelado en húmido.
Esperamosvos esta tarde ás 19.00  no espazo Emao (sala  de   exposicións da Escola)

luns, 15 de xullo de 2013

Branco e Negro

Exposición Branco e Negro
Lugar: Espazo EMAO -Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)

Datas: 18 de xullo ao 3 de outubro de 2013 (agosto pechado)
Horario: luns a venres de 19:00 a 21:00 horas.
Dentro da súa programación anual, a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), promove, organiza e produce a edición do seu proxecto expositivo de fin de curso, baixo a denominación de Branco e Negro. Unha exposición do seu alumnado, coa que se quere amosar á cidade o traballo realizado durante o curso 2012-2013 a partir dun tema xerador común, o que dá título á mostra, ao redor do cal elaboraron as propostas artísticas e artesanas os distintos obradoiros que compoñen a Escola.
Non se trata dunha mera exposición fin de curso, senón dun proxecto común inserido no mundo da arte e a artesanía contemporánea, concebido e deseñado baixo criterios da maior profesionalidade. Os proxectos que agora se expoñen son abordados dende diferentes perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda que o tema central é Branco e Negro, este remítese a un dualismo relacionable con outros conceptos en principio enfrontados entre sí, como: baleiro-cheo; luz-escuridade e ruído/son-silencio.
Con esta mostra, a EMAO inicia o que será, nos anos vindeiros, a súa proposta Fin de curso anual, que se desenvolverá entre xuño e outubro de cada ano, coincidindo coa finalización dun curso e o comezo doutro: unha exposición que recolla os resultados do proxecto común de tódolos obradoiros lanzado ao comezar cada curso --esta é a mostra que agora presentamos--, e unha exposición na que se exhibirán os productos artísticos ou artesanos, individuais, de aqueles/as alumnos/as seleccionados na convocatoria anual de Proxectos de fin de estudos, que se se abrirá ao público a mediados do mes de outubro de 2013.

A proposta temática da Exposición: branco e negro
 

A cór desprende distintas expresións ambientais e pode transmitirnos sensacións como calma, violencia ou maldade. De feito, as palabras branco e negro significan a ausencia e a mestura de todas as córes, coas consecuencias que iso implica. O Branco, está en relación cunha sensibilidade maior ante a luz e, ao mesmo tempo, é símbolo de: Absoluto, Unidade, Paz (que podería relacionarse co Silencio), Inocencia e Rendición. Mesturado con outras cores esta Non-cór, reduce o seu croma, e pode tamén crear sensación de Baleiro, de positivo infindo, co que pode relacionarse tamén cos dualismos antes sinalados. O Negro, sobre todo na tradición occidental, é símbolo de: erro, mal, misterio e inferno, e ao mesmo tempo de escuridade. No seu aspecto positivo ten relación coa nobleza e coa elegancia; cientificamente --é dicir, verbo da teoría da cór-- representa a unión de todas elas.
 
O Branco e negro, compleméntanse e anúlanse. Un é a ausencia e outro a suma das cores, polo que, debido a este dualismo, poden tamén ser representados xuntos creando un contraste, onde se ratifica a importancia do concepto máis alá do obxecto ou do proceso artístico, máis alá do resultado final. Ás veces a única luz que vemos nun cuarto escuro pode ser a que sae do fume dos cigarros acendidos, porque entre o branco e o negro, existen toda unha gama de grises que aportan sutís diferencias, o que lle confire tamén ao seu emprego, un matiz de liberdade importante.
 
O Branco e Negro, serve para representar nun debuxo o baleiro e o cheo, marcando as liñas que redefinen unha contorna --o negro--, ou para acadar luminosidade --o branco--, no medio da Escuridade. O seu emprego axuda a revelar o oculto e a ocultar o que se desvela. No connotativo, o branco e o negro, posúen factores psicolóxicos, simbólicos e estéticos e, ao mesmo tempo, provocan unha forte subxectividade.
 
A realización de pezas ou artefactos para a mostra é ampla, pois os conceptos xerais que reflicten estes opostos poden relacionarse entre si, o que salienta a importancia da Escola e Artes e Oficios como institución única e singular que posibilita unha formación libre na que conflúe o variado e rigoroso traballo creativo e artesano do alumnado artellado, nesta ocasión, a partir dunha soa idea xeradora, agora o dualismo Branco/Negro.

Na Mostra que inauguramos participan con obra todos os obradoiros da EMAO: Debuxo, Pintura, Escultura e talla na madeira, Serigrafía, Cerámica, Encadernación, Luthería antiga e Construcción artesanal de Gaita e Zanfona, Artesanía en coiro, Deseño e encaixe de palillos, Moda e Confección e Ourivería.
ESPERAMOSVOS!!!!

luns, 8 de xullo de 2013

Para Pensar...

Aquí vos deixo tres puntos de reflexión, para darlle un pouquiño á cabeza, decideme o que vos parece.
Bangadesh, el Cuero Tóxico. A cara escura do coiro, podemos estar tranquilos xa que o que nos consumimos esta curtido en España e as normas Laborais e Medioambientais non permiten esto.

Carving Taiwan's Ethos. Para os que crean que non se poden sorprender con algo feito en Coiro

Debido a problemas técnicos non o podemos enlazar, pero aquí vos deixo o enlace http://youtu.be/RAvOd0m3x_M


The Technique of Roger Kull - Master Sculptor of Pictorial Leather. Un Labrado que ten moito arte


mércores, 3 de xullo de 2013

Traca Final

O curso oficialmente xa rematou, pero hoxe, 4 de xullo ás 18.00 na Hemeroteca da Escola Terá lugar a entrega dos Diplomas ós alumnos que remataron a Especialidade este ano. Esperamosvos para rendirlle a nosa especial homenaxe a todos os alumnos que remataron as demais especialidades, pero dun xeito máis especial a Raquel, Cris, Evi, Tere, Manuel, Gaudencio, Ana, Emilio, Antonio, Mónica, Kelly, Montse, Mariana, Carmen, Adriana, Celia, Celsa, Paula  e Eva... Espero que alá onde vaiades levedes un anaquiño de Escola no voso Corazón. MOITAS GRAZAS e NORABOA.
E  ós que non recibides ó Diploma, vos esperamos para acompañalos nunha data tan Especial.