luns, 15 de setembro de 2014

Lotería

Hoxe ás 9.30 da mañán tivo lugar na Hemeroteca da Escola o sorteo das letras para comezar a selección dos alumnos do vindeiro curso 2014-15, por primeira vez o sorteo se fixo de xeito virtual, e o resultado é o seguinte, esperemos que tíverades sorte, e senon sempre quedará a Salud (jajajaja)

luns, 8 de setembro de 2014

Tres Días....

Aínda estamos a tempo, o vindeiro mércores dia 10 remata o prazo de preinscripción para o vindeiro curso na EMAO. Así que xa sabedes, os que poidades difundídeo....
http://hoxe.vigo.org/pdf/emao/Convocatoriaxeral2014.pdf

luns, 1 de setembro de 2014

Xa estamos Aquí outra vez.

Hoxe cópiolle a María Jesús, a "Comunity Manager" da Escola
Hoxe, 1 de setembro, a Escola abre de novo a súas portas, a piques de comezar o novo curso recordarvos que o prazo de preinscrición para o curso 2014-2015 da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)  pódese facer online (del 16 de xuño ao 10 de setembro) e tamén presencial (do 16 de xuño ao 31 xullo e do 1 ao 10 de setembro) no edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5, en horario de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres. Tamén pódedes encontrar información na páxina deEMMA (Escolas Municipais de Música e Artes do Concello de Vigo). Aquí tedes un folleto explicativo de todas as especialidades que ofrece a Escola: folleto.emao pdf