venres, 14 de xuño de 2013

O Maestro Guadamacilero Nelson Callejas.


Nelson Gomez Callejas

Como xa sabedes a semana pasada tiven a sorte de participar en Barcelona nun curso que se realizou no Obradoiro Sañudo, sobre a técnica do Guadamecil Contemporáneo impartido polo Artesan-Artista colombiano Nelson Gómez Callejas. Pois ben, como xa sabedes algún o vindeiro mércores na Escola Recibiremos a visita do Mestre, que compartirá con nós a súa visión dun traballo curioso e con moita tradición, o Guadamecil, que no seu caso, o coiro é un medio no que expresar a súaArte. Para saber máis sobre Nelson Gómez Callejas nos resposta ás seguintes preguntas.

-Como empezaches no coiro?, como descubriches o nobre material?
O coiro comezou comigo, unha vez decátome do meu arredor na miña casa encóntrome no medio dun gran taller con varios operarios que facían diferentes labores e oficios co coiro... pero foi na universidade cando estudaba arte que de forma consciente e estudada propuxen o coiro como soporte para a expresión plástica.
Foi un encontro doado e natural a miña experiencia inicial co coiro, algo familiar e intrínseco...
-Que ten o coiro que non teña outro material?
O coiro é realmente vital, comunica a tacto e ao toque dos sentidos, é un material moi próximo ao ser humano.
-Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Das técnicas do Guadamecil que mais aprecio é o acontecemento de trazar (debuxar), incisar (gravar), modelar e colorear a pel. O Guadamecil é un oficio composto por varias técnicas que a través do tempo e o paso por diferentes culturas se foi transformando.
-Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
- A todo traballo hai que entregalo o sentido da vida en creación permanente, o próximo traballo quero que sexa o mellor realizado e gozado.   
-Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
- A quen se inicia no oficio do Guadamecil diríalle que o principio de toda actividade creativa é o afecto e sentido que lle imprimas a todo o que se fai o que conta e que o oficio é algo que se vai adquirindo co facer e a experiencia ...disciplina e talento...
-Tes algunha ferramenta "especial"?
- Todas as ferramentas son importantes pero particularmente paréceme "especial" o buril de traza e modelado.

Para máis información sobre Nelson e o Guadamecíl contemporaneo http://www.webdelprofesor.ula.ve/arte/callejas/
Sobre o Guadamecil Wikipedia








mércores, 12 de xuño de 2013

Igualada, capital Europea da Pel de Calidade

 
 
Hai una semana os participantes no curso tivemos o que eu considero una oprtunidade única, pola que ademáis do curso mereceu a pena ir a Barcelona, coñecer Igualada. Me atrevo a dicir que o que Ubrique representa para a Marroquinería en España, ou Elche para o Calzado Igualada é para o Curtido.
Como podedes ver na presentación a primeira curtidora ou "Adobería" en catalá, comeza a traballar (polo que está documentado ) no ano 1614. Neste video podedes ver o novo pulo que se trata de dar a esta vila en inversión educativa, divulgativa e industrial.
 
A primeira institución que visitamos foi a Escola Municipal d´Art Gaspart Camps, na que fomos atendidos con moito cariño e atención e recibimos una explicación con todo detalle de como funciona por parte da súa Directora e a Xefa de Estudos, así como polo resto do personal. Puidemos visitar as instalación e ver algún dos traballos realizados polos alumnos.
 
Despois tivemos a oportunidade de coñecer a Xavier que nos amosou con todo detalle a súa ´"adobería", na que case todos os empregados forman parte da mesma familia. Así que tivemos a oportunidade  de ver en directo os procesos que normalmente vemos na clase en videos, recibindo una explicación complementaría e interactiva.
 
En último lugar visitamos o Museo da Pell´, no que fomos atendidos`polo seu director, e puidemos ver pezas moi curiosas, e outras que todos coñecemos de libros e catalogos, pero coa oportunidade de velo moi de cerca e apreciar detalles que nos libros non se poden apreciar.
 
 
Igualada en Coiro on PhotoPeach

venres, 7 de xuño de 2013

Barcelona bona e o Guadamecí que asoma

Como xa sabedes os pasados lúns martes e mércores non houbo clase, xa que puiden participar no curso que o mestre colombiano Nelson Gómez Callejas impartiu en Barcelona no obradoiro dos nosos amigos Pedro e Julián Sañudo.
O curso nos tivo ocupados as tres tardes, así que o lúns e o martes póla maña tratamos de coñecer a Barcelona do Coiro, as tendas e os obradoiros, o lúns me tocou a mín so, pero o martes fixen ruta xunto a Juan Ruiz (Cuero Noutrora) que acudiu ó curso dende Ourense. Aquí podedes revisar o nos itinerario.
Barcelona de Coiro on PhotoPeach

Como xa sabedes o curso se desenvolveu no Poble Espanyol, no Obradoiro Sañudo. Aquí podedes coñecer a os tres xenios que alí fan maravillas co coiro, Pedro, Julian e Susana. Moitas Grazas por ser tan bós anfitrións.
O Obradoiro Sañudo on PhotoPeach

A técnica do Guadamecí e una técnica que combina repuxado, ferreteado, policromado e aplicación de pan de oro ou de prata. Orixinalmente o guadamecí procede do norte de África e na época islámica da península comeza a desenvolverse ata que consegue o seu máximo esplendor e fai que Córdoba sexa o seu principal centro de producción e que se exporte a todo o mundo. Nelson Gómez Callejas e agora un dos máximos exponentes desta técnica na súa versión contemporánea, na que se mesturan as ferramentas para o coiro cos pinceis, a pluma, as cores e materiais máis propios do mundo da arte, pero que consigue os efectos dos clásicos cunha temática propia. Próximamente veremos o traballo de Nelson con máis calma.
Guademecilando Con Nelson on PhotoPeach