mércores, 12 de xuño de 2013

Igualada, capital Europea da Pel de Calidade

 
 
Hai una semana os participantes no curso tivemos o que eu considero una oprtunidade única, pola que ademáis do curso mereceu a pena ir a Barcelona, coñecer Igualada. Me atrevo a dicir que o que Ubrique representa para a Marroquinería en España, ou Elche para o Calzado Igualada é para o Curtido.
Como podedes ver na presentación a primeira curtidora ou "Adobería" en catalá, comeza a traballar (polo que está documentado ) no ano 1614. Neste video podedes ver o novo pulo que se trata de dar a esta vila en inversión educativa, divulgativa e industrial.
 
A primeira institución que visitamos foi a Escola Municipal d´Art Gaspart Camps, na que fomos atendidos con moito cariño e atención e recibimos una explicación con todo detalle de como funciona por parte da súa Directora e a Xefa de Estudos, así como polo resto do personal. Puidemos visitar as instalación e ver algún dos traballos realizados polos alumnos.
 
Despois tivemos a oportunidade de coñecer a Xavier que nos amosou con todo detalle a súa ´"adobería", na que case todos os empregados forman parte da mesma familia. Así que tivemos a oportunidade  de ver en directo os procesos que normalmente vemos na clase en videos, recibindo una explicación complementaría e interactiva.
 
En último lugar visitamos o Museo da Pell´, no que fomos atendidos`polo seu director, e puidemos ver pezas moi curiosas, e outras que todos coñecemos de libros e catalogos, pero coa oportunidade de velo moi de cerca e apreciar detalles que nos libros non se poden apreciar.
 
 
Igualada en Coiro on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario