Hoxe é o último dia do trimestre, comezan as vacacións de Semana Santa e comezan con FESTA... como todos sabedes o pasado mércores 28 foi o día da Reconquista de Vigo, esta fin de semana se celebrará co tradicional Mercado polas rúas do Casco Vello con pasarrúas a partires das 10 da mañán.
O noso obradoiro terá varios representantes vendendo pezas de artesanía en coiro e máis, Duarte, Mipalanave, Mis Retales, e o debú da Casa da Tartaruga que venderán os seus produtos.
Moita Sorte e que o pasedes ben...
venres, 30 de marzo de 2012
mércores, 28 de marzo de 2012
Rectificar é de sabios
Di o refrán que "rectificar é de sabios", pois ainda que non me considero un sabio rectifico. Esta semana analizamos na clase unha fotografia dunha sela de montar que pertenceu a Pancho Villa, que foi subastada a semana pasada, as comas en vez de os puntos me xogaron unha mala pasada, así que 750,000$ (interpretei 750,00) se transforma en 750.000$ case nada...
Gracias a que na clase de onte Sol buscou a nova en internet.
Así que ai queda iso... ¿Porque non nos poñeremos todos de acordo para un punto e unha coma sexan o mesmo aqui, en Arizona ou en Xapón?http://centaurodelnorte.com/silla-de-montar-de-francisco-villa-fue-subastada-en-718000-dolares/
Rectificado queda

mércores, 21 de marzo de 2012
Nova exposición no Espazo Emao
Baixo o Título: “Artesanía, Música e Tradición. A Colección Antón Corral”esta tarde se inaugura no Espazo Emao(Sala de Exposicións da Escola) este traballo comisariado polos mestras da Escola: Federico Fernández, Carlos Corral, Ramón Casal e Xaime Rivas amosa a historia en duas zonas instrumentos musicais tradicionais recopilados por Antón Corral ao longo da súa carreira, e que hoxe forman parte da colección da Escola Municipal de Artes e Oficios; o outro espazo recolle a relación deste constructor pioneiro en Galicia, coa antiga Universidade Popular e coa Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, e o seu legado.
Foto de D. Antón Corral |
Do 21 de marzo ao 4 de maio de 2012 de martes a venres laborables de 19 a 21 horas
Tarrañolas e castañolas que se poden ver na Exposición |
Instrumentos de vento que se poden ver na Exposición |
venres, 16 de marzo de 2012
De volta ó Museo
http://www.artencordoba.com/MUSEOS/Museos-Cordoba-Arte-sobre-piel-obras.html |
O Guadamecí é unha técnica decorativa que ten unha gran importancia xa que durante os seculos XV, XVI e XVII supuxo a máxima expresión do traballo artístico do coiro en España, que se exportaba por todo o mundo. A técnica consiste no repuxado, dourado, policromado e ferreteado sobre pel de carneiro (badana). Xa vos contaremos máis...
venres, 9 de marzo de 2012
Conclusións
Sei que ese mañán tardou un pouco máis do debido, pero xa chegou...
A viaxe de hai unha semana foi incrible, mereceu a pena totalmente, o comentaba o outro dia na clase, moitas veces cando xurde un curso ou unha actividade coma esta na que o desplazamento e o aloxamento poden representar unha dificultade a miña actitude sempre é a mesma, ainda que so aprendamos a enfiar unha agulla merece a pena, os nervios e o medos son normais, pero debemos acudir seguros.
Tony Laier é o director do departamento de Investigación e Desenvolvemento da compañía Tandy Leather Factory, o que supón que se pasa o dia pensando no que nos gusta, o coiro, na sua casa de Colorado xunto coa súa muller Kay traballan en equipo desenrolando material didáctico, ferramentas e productos para facilitar o noso traballo. Así dito parece normal, pero ten un aliciente, rebosa o espiritú de Stohlman. Me contaba que cando Al intentou empezar a traballaro coiro nos Estados Unidos os atresáns non lle querían ensinar, o que o frustrou un pouco, pero o motivou a investigar e acabar plublicando 32 libros para que ninguén tivera os mesmos problemas, e ensinando o oficio a moita xente, Tony Laier é un deles, que cumple co dito, ensinar, compartir, aprender...
Para mostra un exemplo, en todas as fotos que fun colgando, incluso nas das probas, se ve un marco branco o redor do coiro, cartón, xa que o traballo que fai Tony é fotografiado sempre porque lle pode servir para moito, pero el ademais explica que o fai seguindo un "mandamento" do obradoiro de Al e Ann, "Finesse in everything you do", delicadeza, finura en todo o que fagas.
Cando me despedín o volvín a invitar a Galicia, falandolle da Escola, das paisaxes Galegas e da nosa gastronomía, a sua resposta foi clara, algo así como deixame falalo coa miña muller.... así dende aquí seguiremoslle pregando ós Deuses do Coiro que un dia o Gran Tony Laier coas súa muller Kay se deixen caer por García Barbón 5.
Thank you Master an Friend.
Quero tamén agradecer o traballo a pasada fin de semana de outra persoa que sempre veredes o lado de Tony, o outro Tony ou PepeTony, de Florida, un empregado da compañía en este estado que fixo as veces de tradutor, e que en máis dunha ocasión nos aclarou moito ....
Como non parou de repetir un dos asistentes á demostración do sábado: "Ozú que arte"
Tony Laier posando coas "lezna" que lle regalamos e o dossier sobra a historia da Escola |

Tony Laier, Pepe Pereira e Pepe Tony de Florida Amplia a imaxe e mira ben o Cinto de Tony Laier |
martes, 6 de marzo de 2012
Resumo da viaxe II
Sábado:
O dia comezou ben, como deberían comezar todos, café con leite e molete de xamón con tomate. A iso das nove e cuarto xa estaba na tenda para facer as últimas compras, troqueis, tintes, conchos... de todo un pouco. Cando remetei a compra Tony xa levaba un bo rato por alí e se me achegou, empezamos a falar e así estuvemos ata as dez e media que empezou a demostración, unha sorte incríble, falamos de todo, pero sobre todo de coiro contoume anécdotas de Paul Burnett, que se lembrades faleceu a semana pasada, tamén de Al e Ann Stohlman, os seus mentores neste oficio, dixo que Al, a pesar de ser un gran decorador do coiro non aceptaba unha peza como boa e puña o seguinte exemplo, si facía unha sela de montar moi ben decorada, con moitos detalles, pero que lle resultaba incomoda o xinete ou o cabalo non a daba por boa, é dicir que a decoración non era que iso, decoración, o máis importante era a funcionalidade e comodidade das pezas. O final da nosa conversa lle preguntei que consello vos daría, e dixo: "Un mestre cando que ensina unha materia di pratica, pratica, pratica, pratica, que quere dicir traballa, e o traballo se pode entender como unha obriga, eu digo, divírtete, e divertindote aprenderás"
Eu lle contestei que na clase ás veces vos digo xoga co coiro, ó que él contestou : "pois o meu consello para os teu alumno é ese, dilles que xoguen".
A demostración comezou ás dez e media, tocaba estampado, explicou os seus orixes históricos, que xa os exipcios o empregaban, e que ata a época dos Guadamecís españois se empregou, pero que estes xa comozarón a empregar pranchas para reducir o tempo de traballo, pero que co tempo se foi recuperando. O Estampado era segun él unha solución decorativa rapida para decorar unha superficie grande pero que últimamente se estaba traballando para sacarlle o máximo partido os troqueis, é dicir buscarlle novos usos. A este respecto dixo unha frase moi boa, "buscarlle novos usos a unha ferramenta é o que nos axuda a aforrar cartos", e penso que ten toda a razón.
Os estampados que explicou foron o xeométrico, o basketweave e o meander, nas fotos os podedes ver, primeiro facendo o estampado tradicional e a continuación co mesmo troquel ia facendo variacións. Incribles alguns resultados.
Mañán a despedida
Anaco de coiro de mostra de técnicas. |
Eu lle contestei que na clase ás veces vos digo xoga co coiro, ó que él contestou : "pois o meu consello para os teu alumno é ese, dilles que xoguen".
Mostra de estampado xeométrico |
Os estampados que explicou foron o xeométrico, o basketweave e o meander, nas fotos os podedes ver, primeiro facendo o estampado tradicional e a continuación co mesmo troquel ia facendo variacións. Incribles alguns resultados.
Mañán a despedida
Mostra dos troqueis individuais e algunha composición |
Mostra de estampado xeométrico. Clásico der. Variacións esq |
Aplicación evariacións do Meander |
Aplicación do basketweave en Punta de frecha e Diamante |
Aplicación tradicional do BasketWeave |
luns, 5 de marzo de 2012
Resumo da viaxe...
Venres:
Despois dunha viaxe moi longa e un madrugón dos que xa non lembraba a media mañá cheguei á nova tenda situada nun polígono industrial nos arredores de Jerez de la Frontera. A tenda que é unha nave industrial, cousa á que non estamos moi habituados, xa que as florarías, ou tendas do ramo soen ser tendas pequenas, o que máis impresiona sons a cantidade de estantes, cheos de mercadoría moi variada, despois de presentarme a Lien, a xerente da tenda, ela me levou a onde estaban facendo as demostracións, e me presentou a Tony Laier, ¿que quén é Tony Laier? pois é un dos discípulos de Al Stohlman, o pai da recuperación do traballo do Coiro en Estados Unidos, polo tanto podemos dicir que mamou directamente da fonte do saber do oficio. Agora traballa como director de Desenrolo e Investigación de Tandy Leather Factory, a sualabor consiste en desenrolar novas ferramentas e productos para a marca a traves de material didáctico, xa sexan tutoriais, libros, videos... O que nos amosou o venres foi o "figure carving", é dicir o labrado de figuras para ist escolleu a imaxe dun cervo vermello español, durante a mañá elaborou o labrado e pola tarde lle deu color, un dia intenso e moi constructivo.
O que pasou o mediodia foi o personalmente o que máis me impactou, como xa sabedes no nome da Escola le entreguei unha Lezna Tradicional española, é dicir, unha lezana con mango plano e espada de sección de rombo, o que nos chamamos "lezna de guarnicionero",ademáis de entregarlle un pequeno dossier sobre a historia da Escola e unha selección de pezas da nosa especialidade. O que máis me sorprendeu foi o interese pola Escola, xa que a nosa especialidade se imparte dende os anos 40, é a súa resposta foi que él nacera nesa década. Sobre a lezna quedou sorprendido, xa que nos Estados Unidos as que empregan son de mango redondo, e a él lle resultaban incomodas para coser e que as tiña que aplanar na sua casa, ademáis de que non sabía que nós as empregabamos así.
Ó final da demostración do pintado da tarde explicou que o día seguinte íamos a ver aplicacións de estampado no coiro.
Mañá Máis
Cervo labrado sen pintar. Tony Laier |
Traballo xa rematado. Tony Laier |

T.L. Pintando o seu traballo. |
sábado, 3 de marzo de 2012
Finesse
O titulo é o consello que Al Stohlman lle daba a Tony Laier, delicadeza, finura. Aprendín moitisimo dun Mestre.Hoxe tocou stamping, como sacarlle partido ós troqueis de estampado. Unha clase maxistral divertida. Sei que parece un telegrama, pero estou un pouco canso e intentando asimilar todo o que falamos, e agora xa na casa co pequeno Pepe vexo todo dende outa perspectiva. prometo unha entrada resumo destes dous dias o lúns. Adiantovos que teño unha mensaxe para vós de Tony Laier.
Aquí deixo algunhas imaxes para que non vos sepa a pouco.
Aquí deixo algunhas imaxes para que non vos sepa a pouco.
Mostra dun labrado Floral. Tony Laier |
Tony Laier estampando |
Mostra dun estampado Tipo BasketWeaveTony Laier . |
Mostra dun estampado xeométrico con diferentes variacións dende unha mesma base Tony Laier |
Primeiro Kit de Tandy para o pequeno Pepe |
venres, 2 de marzo de 2012
Americanos... Os Saludamos con Alegría!!!!!
Despois dunha larga viaxe, xa en Jerez, os medos quedaron polo camiño, e ás doce da mañá entrei pola porta da nova Tenda de Tandy Leather Factory, a segunda en Europa. Para esta ocasión tan especial trouxeron o gran Tony Laier, que levou todo dia facendo unha demostración práctica dun "figure carving" (labrado figurativo para nos), escolleu a imaxe dun cervo vermello español. Aquí vos deixo o resultado.
Dende Galicia ademáis da chuvia lle trouxemos un regalo, non so pola admairación que lle temos a este artista, senon porque me ensinaron dende pequeno que cando che fan unha invitación a unha casa hai que levarlle algo ó que che invita.
Por un lado coa colaboración do meu mestre jedi do torneado en madeira, e mestre de CAIM de Gaita da nosa Escola fixemos unha "lezna" plana tradicional española co mango torneado en buxo e anelado en latón.
Por outra banda e coa colaboración de María Jesús, a nosa compañeira da bibioteca, no texto e Luu na correción da traducción ó inglés, elaboramos un dossier sobre a historia da Escola e os traballos en coiro que fan os nosos alumnos. En honor a eles máñán variará a súa demostracíón e se adicará a explicar a aplicación dos tintes ecolóxicos sobre traballos artísticos como os que facemos, xa que é "o que máis me gusta e divirte", en palabras textuais. O Día de mañán promete...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)