martes, 6 de marzo de 2012

Resumo da viaxe II

Sábado:
Anaco de coiro de mostra de técnicas.
O dia comezou ben, como deberían comezar todos, café con leite e molete de xamón con tomate. A iso das nove e cuarto xa estaba na tenda para facer as últimas compras, troqueis, tintes, conchos... de todo un pouco. Cando remetei a compra Tony xa levaba un bo rato por alí e se me achegou, empezamos a falar e así estuvemos ata as dez e media que empezou a demostración, unha sorte incríble, falamos de todo, pero sobre todo de coiro contoume anécdotas de Paul Burnett, que se lembrades faleceu a semana pasada, tamén de Al e Ann Stohlman, os seus mentores neste oficio, dixo que Al, a pesar de ser un gran decorador do coiro non aceptaba unha peza como boa e puña o seguinte exemplo, si facía unha sela de montar moi ben decorada, con moitos detalles, pero que lle resultaba incomoda o xinete ou o cabalo non a daba por boa, é dicir que a decoración non era que iso, decoración, o máis importante era a funcionalidade e comodidade das pezas. O final da nosa conversa lle preguntei que consello vos daría, e dixo: "Un mestre cando que ensina unha materia di pratica, pratica, pratica, pratica, que quere dicir traballa, e o traballo se pode entender como unha obriga, eu digo, divírtete, e divertindote aprenderás"
Eu lle contestei que na clase ás veces vos digo xoga co coiro, ó que él contestou : "pois o meu consello para os teu alumno é ese, dilles que xoguen".
Mostra de estampado xeométrico
A demostración comezou ás dez e media, tocaba estampado, explicou os seus orixes históricos, que xa os exipcios o empregaban, e que ata a época dos Guadamecís españois se empregou, pero que estes xa comozarón a empregar pranchas para reducir o tempo de traballo, pero que co tempo se foi recuperando. O Estampado era segun él unha solución decorativa rapida para decorar unha superficie grande pero que últimamente se estaba traballando para sacarlle o máximo partido os troqueis, é dicir buscarlle novos usos. A este respecto dixo unha frase moi boa, "buscarlle novos usos a unha ferramenta é o que nos axuda a aforrar cartos", e penso que ten toda a razón.
Os estampados que explicou foron o xeométrico, o basketweave e o meander, nas fotos os podedes ver, primeiro facendo o estampado tradicional e a continuación co mesmo troquel ia facendo variacións. Incribles alguns resultados.
Mañán a despedida
Mostra dos troqueis individuais e algunha composición

Mostra de estampado xeométrico. Clásico der. Variacións esq


Aplicación evariacións do Meander

Aplicación do basketweave en Punta de frecha e Diamante

Aplicación tradicional do BasketWeave

Ningún comentario:

Publicar un comentario