venres, 16 de marzo de 2012

De volta ó Museo

http://www.artencordoba.com/MUSEOS/Museos-Cordoba-Arte-sobre-piel-obras.html
Esta tarde como complemento á clase complementaria de Historia do Traballo do Coiro asistiremos ó Museo de Pontevedra. O Obxectivo da visita é coñecer en primeira persoa as pezas que de coiro labrado (cadeiras, bancos, arcóns) e os seus Guadamecís.
O Guadamecí é unha técnica decorativa que ten unha gran importancia xa que durante os seculos XV, XVI e XVII supuxo a máxima expresión do traballo artístico do coiro en España, que se exportaba por todo o mundo. A técnica consiste no repuxado, dourado, policromado e ferreteado sobre pel de carneiro (badana). Xa vos contaremos máis...

Ningún comentario:

Publicar un comentario