luns, 27 de febreiro de 2012

Outro xenio que nos deixou...

Entereime onte pola noite, esta fin de semana nos deixou un dos máis importantes e admirados traballadores do coiro a nivel mundial, Paul Burnett. Dende aquí queremos lembralo, dando a coñecer parte do seu traballo como un dos máximos exponentes da chamada "Leather Feather Jewelry". Onde quera que estés...
Green Winged Teal. Paintingcow.com

Bobwhite Quail side pocket.Paintingcow.com

Eagle Head.Paintingcow.com

venres, 24 de febreiro de 2012

Trenzados

 Como xa sabemos o trenzado non so é unha técnica decorativa, senon que tamén é unha técnica constructiva, a teoría dos trenzadores di que unha peza trenzada resiste ata catro veces o peso do que resistirían os cabos soltos, é dicir que si catro cabos soltos resisten un peso de 10 kilogramos eses catro cabos trenzados correctamente chegarían a resistir 40 kilogramos.
Para aprender a trenzar contamos na nosa Biblioteca (http://bibliotecadaemao.blogspot.com/) con alguns dos mellores libros que podemos atopar no mercado.

 Leather Braiding ( Coiro Trenzado)
Este libro de Bruce Grant é unha estupenda introducción a esta técnica, con unhas ilustracións moi claras que nos axudan a esquivar a barreira do idioma, o Inglés, no que está escrito. Merece a pena sentarse e adicarlle uns minutos para comprender a técnica. Unha vez adquirida a destreza soamente queda unha cousa para aprender a trenzar, e esa cousa é trenzar.
Ademáis de trenzas amosa como facer costura, apliques, tecidos, cabezas de turco e pezas.
Encyclopedia of Rawhide and Leather Braiding
(Enciclopedia do Trenzado de Coiro e Coiro Cru)
Obra que completa o traballo de Bruce Grant, xa que contén "Leather Braiding" e outros traballos que fan un total de 350 ilustracións que amplia e unifica os anteriores e recopilando artigos soltos que agrupa en trenzados planos e redondos, cabezas de turco, botóns, costuras, apliques....Merece a pena e como o anterior as iustracións nos axudan a saltar a barreira do idioma.







Trenzas Gauchas
Obra maestra da Soguería  Arxentina, Mario López Osornio nos amosao traballo dos trenzadores gauchos, mezclando a teoría con conversas con trenzadores a modo de historia.
Resulta moi interesante, ainda que require un pouco de paciencia coas ilustracións, sen case barreiras na lingua, xa que está escrito en castelán.














Para abrir boca aquí vos deixamosun par de enlaces.
http://eltrenzador.blogspot.com/
http://secretosdelcuero.blogspot.com/

venres, 17 de febreiro de 2012

Sen tempo non era...

Segun Al Stohlman, a chegada da técnica do labrado e a paixón polo traballo do coiro chegou a Estados Unidos gracias os "guarnicioneros" que viaxaron na expedición de Hernán Cortés que acabou coa conquista de México. Durante os seu percorrido estes compañeiros de oficio queadron admirados pola beleza das flores tropicais e cando se asentaron as asimilaron e aplicaron nas técnicas decorativas aplicadas no seu traballo. Case 500 anos despois a viaxe é o reves. Os Texanos chegan o mercado español. Os vindeiros dias 1,2 e 3 de marzo na localidade gaditana de Xerez da Fronteira terá lugar a inauguración da primeira tenda da empresa Tandy Leather Factory.  Dita empresa fundada en 1919 en Forth Worth (Texas USA) cotiza incluso no Nasdaq estadounidense é por así decilo a máis importante das empresas do sector a nivel mundial.
Fotografia do artesán e alguns dos seus traballos para as portadas dos Catalogos
Libro esencial do seu traballo
que empregamos na Escola para explicar
a técnica do labrado Texano.
O seu Hernán Cortés particular será Tony Laier que inaugurará a tenda facend demostracións do seu traballo, el é un dos componentes do equipo de innovación da empresa  xunto con Jim Linell e Charlie Davenport. É autor de varios libros educativos sobre o traballo do coiro como poden ser as guias para tinguir de Eco Flo ou os manuais de labrado que temos na biblioteca da Escola.
Ali estaremos.

Para máis información http://www.tandyleather.es

venres, 3 de febreiro de 2012

De Visita


Onte pola mañá ás doce recibimos a visita de Juan, un blogueiro de Vigo que actualmente vive en Salamanca. O Blog de Juan http://tallerdelugh.blogspot.com/ trata como o noso de difundir o noso traballo. A nosa conversa foi intensa e interesante, falamos de técnicas, pezas, tipos de pel, e como non de ferramentas. Juan comezou a traballar o coiro hai máis de dez anos en Vigo da man de Loli (Sattua),unha das"matriarcas" do coiro en Vigo, e logo foi evolucionando, e buscando novas técnicas que hoxe elabora con soltura e seguridade.