venres, 3 de febreiro de 2012

De Visita


Onte pola mañá ás doce recibimos a visita de Juan, un blogueiro de Vigo que actualmente vive en Salamanca. O Blog de Juan http://tallerdelugh.blogspot.com/ trata como o noso de difundir o noso traballo. A nosa conversa foi intensa e interesante, falamos de técnicas, pezas, tipos de pel, e como non de ferramentas. Juan comezou a traballar o coiro hai máis de dez anos en Vigo da man de Loli (Sattua),unha das"matriarcas" do coiro en Vigo, e logo foi evolucionando, e buscando novas técnicas que hoxe elabora con soltura e seguridade.


2 comentarios: