Segun Al Stohlman, a chegada da técnica do labrado e a paixón polo traballo do coiro chegou a Estados Unidos gracias os "guarnicioneros" que viaxaron na expedición de Hernán Cortés que acabou coa conquista de México. Durante os seu percorrido estes compañeiros de oficio queadron admirados pola beleza das flores tropicais e cando se asentaron as asimilaron e aplicaron nas técnicas decorativas aplicadas no seu traballo. Case 500 anos despois a viaxe é o reves. Os Texanos chegan o mercado español. Os vindeiros dias 1,2 e 3 de marzo na localidade gaditana de Xerez da Fronteira terá lugar a inauguración da primeira tenda da empresa Tandy Leather Factory. Dita empresa fundada en 1919 en Forth Worth (Texas USA) cotiza incluso no Nasdaq estadounidense é por así decilo a máis importante das empresas do sector a nivel mundial.
|
Fotografia do artesán e alguns dos seus traballos para as portadas dos Catalogos
|
|
Libro esencial do seu traballo
que empregamos na Escola para explicar
a técnica do labrado Texano. |
O seu Hernán Cortés particular será Tony Laier que inaugurará a tenda facend demostracións do seu traballo, el é un dos componentes do equipo de innovación da empresa xunto con Jim Linell e Charlie Davenport. É autor de varios libros educativos sobre o traballo do coiro como poden ser as guias para tinguir de Eco Flo ou os manuais de labrado que temos na biblioteca da Escola.
Ali estaremos.
Para máis información
http://www.tandyleather.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario