xoves, 25 de xuño de 2015

O FEO

Mañán poderedes descubrir o Feo en Coiro, "As dúas caras da Fealdade", unha peza con unha gran intrahistoria.... que de seguro vos gustará

Exposición na EMAO. Proxecto 2015: O feo


Inauguración: 26 de xuño ás 19:00 horas
Datas: 26 de xuño a 26 de setembro de 2015 (agosto pechada)
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

[Texto de presentación da Exposición]
Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto --proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
Con esta idea son tres as edicións desta singular exposición de fin de curso dende que no ano 2011 se inaugurase o Espazo EMAO; primeiro foi Branco e negro, o pasado ano Novos produtos e O feo, neste.

Sobre a idea xeradora de “O Feo” agromaron os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de creacións desenvolvidas coa participación do alumnado dos talleres a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida por toda a clase.

O FEO
Son feo… pero podo comprar a muller máis bela. Polo tanto, non son feo, porque o efecto da fealdade, a súa forza afuxentadora, queda anulado polo diñeiro. Segundo a miña individualidade son tolleito, pero o diñeiro procúrame 24 pernas: logo, non son tolleito... Acaso non transforma o meu diñeiro todas as carencias no seu contrario?Umberto Eco. Historia de la fealdad
A estética é a parte do pensamento filosófico que ten por estudo a esencia e a percepción da beleza, entendendo como beleza, a armonía, a proporción, o agradable de ser visto, o que alimenta o espírito, en definitiva o que segue as normas establecidas. Todo isto non son máis que percepcións subxectivas e morais do belo, que veñen determinadas polo contexto en que se mostran. Polo tanto, podemos definir o feo como o antagónico do belo, pero se imos máis alá ás veces "o feo" agrádanos e  comprácenos; é entón cando se xera o conflito e descubrimos unha nova estética, a estética do feo.

Nietzsche, en "O crepúsculo dos ídolos" fálanos da diferenza entre o belo e o feo:
No belo o  home oponse a si mesmo como medida da perfección... O feo enténdese como sinal e síntoma de dexeneración.... A quen odia aquí o home? Non hai dúbida: odia a decadencia do seu tipo.

O amoral, o grotesco, o sinistro, o banal son conceptos traballados pola Arte ao longo da Historia, representando así todo aquilo contrario á mensaxe do cristianismo; así, demos, monstros, e demais personaxes do submundo nutriron a imaxinación de artistas como El Bosco. Saturno devorando os seus fillos ou as pinturas negras de Goya abren paso ás vangardas artísticas, desde o expresionismo ao cubismo; o kitsch como enxalzamento do pobre, o masivo, é un expoñente da posmodernidade.
Nesta exposición propoñemos un percorrido pola fealdade, desde o kitsch ata ofeísmo galego, pasando polo grotesco e o obsceno; polo tanto, Pasen, vexan e xulguen que é o Bello e o Feo.

Idea, producción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios. Profesorado e alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo, Talla e escultura en madeira, Serigrafía, Cerámica, Moda e confección, Luthería antiga, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía do Coiro.

mércores, 17 de xuño de 2015

¿Qué é José María Bernardo Sappia?

A moitos non vos sonará  o seu nome, ó mellor de facebook ou de redes sociais, pero se falamos de José Bernardo, ese nome seguro que vos sona.  É, sen lugar a dubidas para moitos un referente no traballo artístico do coiro, un Maestro que coñece o material coma ninguén, a semana pasada un gran artesán nos dixo que era alguén que lle perdera o respeto ó coiro, e eu completo dicindo que o ama de tal xeito que se salta as barreiras do convencional facendo Arte en Coiro.

Foto dun detalle dos tapices. Franklin Pereira
O pouco trato que teño con el dende hai un par de anos me descubre a un Maestro cos pés na terra, que ama o que fai como o primeiro día e que non perdeu a ilusión... Moitos somos os que admirabamos os tapices, que mañán teremos a sorte de ver, as texturas orgánicas na pel que lle devolven a vida. Gracias a un bo amigo de José Bernardo, o noso amigo Franklin Pereira, somos moitos os que coñecemos o seu traballo e nos asombramos, vai ser divertido o que os dous nos
poidan contar o Venres na biblioteca.

Outro Amigo seu, Alfredo Rubio con motivo da exposición que mañán inauguramos nos fala así de José María BernardoSappia :

Plantearme escribir algo sobre José Mª Bernardo Sappia, que realmente aporte conocimiento sobre sus técnicas de trabajo, su filosofía en relación con el arte, su enfoque de la creatividad y su forma de enseñar/mostrar todo ello, es primero un honor, luego un placer y siempre un reto gozoso. 

Conocí a José Mª en el Madrid de los primeros setenta del siglo veinte. La dictadura estaba presente todavía, aun quedándole poco tiempo. Se acercaban cambios fuertes en España. En esos días la cultura hippie empezaba a hacerse notar. Se hablaba de hacer el amor y no la guerra. Empezaba a haber jóvenes que desarrollaban productos de artesanía. Don José y un servidor teníamos pelo largo y diseñábamos cinturones, bolsos, carteras, maletas, sandalias y cualquier cosa que tuviera el cuero como materia prima. Trabajábamos, a veces juntos y otras de forma independiente. Compartíamos talleres y herramientas. Nos realizábamos e incluso ganábamos dinero. 
Un dos tapices de Jose Bernardo. Foto de Franklin Pereira

 José siempre destacaba por su creatividad. Sus productos eran a veces sorprendentes. Sabía arriesgarse y lo hacia. Sus diseños, con cuero y metal, no se habían visto. No eran para todo el mundo, pero siempre encontraban un destinatario al que entusiasmaban, que los compraba y los usaba con placer. 


Pocos años, aunque jugosos, duró nuestra relación ya que nuestras vidas fueron por caminos y continentes distintos. Estuvimos cuarenta años sin tratarnos, hasta que recientemente contactamos por las redes sociales recuperando, con correos electrónicos, la relación perdida. En esos escritos, comprobamos que seguíamos siendo amigos y que teníamos ganas de vernos. 

Fuimos a México: nos invitó a su casa en Acopilco México D.F. Tanto a mi esposa, como a mí nos encantó el lugar donde José vivía y creaba. Era de cuento, con bosque, con luz, con mucho colorido, repleto de cosas… Pero nos sorprendió mas aún, reencontrar a un Artista Mexicano, consumado y multidisciplinar. Le sentimos más amante de México que los oriundos, más conocedor de las culturas ancestrales y actuales, de todo ese grandioso, especial, colorista y brillante país. Él y su encantadora pareja (mujer mexicana de la más amplia cultura y enorme relación con el mundo artístico), fueron los mejores cicerones posibles: nos llevaron a recorrer varios Estados, por carreteras secundarias y lugares ignotos, visitando todo lo más interesante. 

Fueron días gloriosos de amistad y conocimiento de un país… Pero no nos dispersemos; se trata de decir algo que acompañe una muestra de su obra… Es digno de mención su forma de inspiración, que puede venir de reciclar un objeto encontrado u obsoleto y crear con él una escultura sorprendente; o de trabajar infinitas y laboriosas horas con trenzas, cosidos, tintes, cortes, orificios, etc. para elaborar un voluptuoso tapiz de cuero (posee premios internacionales en esta disciplina) de máxima originalidad. Una de las aportaciones más curiosas de Bernardo Sappia, es la utilización del polvo de cuero como materia prima para crear obras con conceptos muy distintos. También es interesante el tratamiento de la suela curtida para esculturas de gran tamaño. 

Las manos y la capacidad para crear y recrear de este artista, tras muchos años de trabajo artesanal con cuero, le permiten convertir este noble material, en todo tipo de formas y texturas, que una vez tratadas, pintadas y mezcladas, pueden parecer madera, metal o cualquier cosa inusitada. 

Capítulo aparte merece su obra pictórica. Sus cuadros suelen ser de gran tamaño, integrándose su estética en los muralistas mexicanos de principios del siglo veinte. Los colores, son de lo más mexicano, saben y huelen a México, estan llenos de tierras ocres y rojas, con mucha energía y luminosidad. No en vano es uno de los pintores mexicanos que pueden representar su país en todo el mundo, sin necesidad de haber nacido en él. Muy buena integración: positiva para ambas partes. Es bueno que haya encontrado su sitio en el mundo y que sea aceptado, respetado y querido, casi como uno de los emblemas estéticos mesoamericanos. 

Bernardo Sappia es todo un artista, que vive feliz en el entorno en el que mejor se siente: en sus distintos “espacios taller” con esa interesante “estética Acopilco” DF Mexico en la que reciclar es un arte y una filosofía de vida que arroja muy buenos resultados y que genera felicidad y alegría a quien posee o simplemente contempla sus obras, sean estas de la disciplina que sean: todas tienen el mismo sello de “glorioso atrevimiento”. 

También quiero mencionar la buena capacidad de transmitir sus conocimientos y técnicas, a aquellos que asisten a sus “master clases”. Bernardo Sappia comunica de verdad, realmente desea que los asistentes aprendan. Es sumamente generoso: lo comparte todo, no se guarda nada para sí. Un placer y un honor haber recuperado la amistad, para ver que esta seguía intacta en el afecto y en la ideología, y el amigo, convertido en un artista destacado, sin haber perdido su esencia humana en absoluto, tras unos cuarenta años sin vernos. 

Gracias Amigo, buen futuro, buena vida, buena creatividad.


Exposición: 17 a 19 de xuño na Biblioteca da EMAO.
Horario: de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas
Clase maxistral: 18 de xuño ás 18:30 horas, no patio da EMAO
Coloquio sobre artesanía e arte en coiro, con José Mª Bernardo, Franklin Pereira e Pepe Pereira: 19 de xuño ás 18:00 horas. Clausura da exposición.

Esperamosvos!!!!!

luns, 15 de xuño de 2015

Un dos Grandes Mestres na EMAO

Facebook.com/ Bernardo Sappia
Esta semana vai ser moi intensa na EMAO, xa que imos recibir a visita dun Maestro que chega a Vigo dende o outra orilla do Atlantico, José María Bernardo Sappia (José Bernardo). Temos moitas ganas de que chegue, estará con nós tres días, mércores, xoves e venres....Estade Atentos....
Aquí vos deixamos unha ligazón para saber algo máis do seu traballo.
http://bernardosappia.wix.com/bernardosappia

Unha das pezas de Bernardo Sappia exposta en Allariz

Unha das pezas de Bernardo Sappia exposta en Allariz

venres, 12 de xuño de 2015

Onte e hoxe, días intensos

Onte pola tarde os alumnos de Artesanía en Coiro viaxamos a Allariz, afcendo a nosa partícular peregrinaxe á visita "Formas do Coiro" e completando a nosa excursión de fin de curso ó Museo do Coiro. Alí fomos atendidos por Ernesto e Miriam, como sempre moi ben, Ernesto nos contou a historia do Museo e a tradición do Coiro en Allariz, a continuación baixamos ós píos, a ver as diferentes fases do curtido, as ferrementas que se empregaban, as molinetas, os bombos....
A continuación fixemos unha visita guiada á exposición que conta con traballos de artesáns de gran peso internacional como René Berends, Franklin Pereira, Ana Caldas, José Bernardo..., e tamén a nivel nacional como Michael Nadeau, Jose Villar, José María Ruiz, Ernesto Sánchez, Pilar García Lasheras, Vidal Revilla, Fernando Martínez Sousa........
Aquí vos deixamos algunhas imaxes
Ernesto durante a visita guiada

Peza de René Berends

Detalle da peza de Rene Berends

Peza de René Berends

Plumas de Coiro de René Berends

Caixa de Fernando Martínez Sousa

Detalle dunha peza de Vidal Revilla

Ernesto

Parte baixa do Museo onde se situan os Píos

Os visitantes da Emao e algúns futuros alumnos, jejeje

Peza de José Villar

Peza de José Bernardo

Ademáis da nosa viaxe, a semana non perde intesidade, xa que esta tarde na sala de Exposicións, Espazo EMAO,as nosas veciñas de planta e amigas farán unha pasarela de moda onde mostrarán o seu traballo. Moitísima sorte e NORABOA polo esforzo que estades a realizar no voso Traballo.




Este venres, 12 de xuño ás 19:00 h
Pasarela Tocado e Afundido
actividade coordinada pola mestra da
Aula de Deseño e Encaixe de Palillos 
Márian Núñez


sábado, 6 de xuño de 2015

Leather hunting, leather playing

Con motivo da visita estes días de Tim Swainson, esta mañá comezamos ruta en coche Nelson Gómez Callejas, Sonia Seco, Tim Swainson e máis eu, o destino era amosarlle a Tim parte da nosa terra e coñecer algúns puntos de interese do coiro na nosa provincia. Polas estradas fomos dende Redondela ata Pontecaldelas onde coñecemos a Curtidoira dos Arruty (http://artesaniadocoiro.blogspot.com.es/2011/03/o-coiro-en-terras-de-pontevedra.html), alí Carmen nos amosou as dependencias da fábrica e nos explicou a súa historia.
De alí fomos ata o Mosteiro de Poio, para ver os guadameciles que fan de frente de dous altares, pero chegamos tarde, así que de volta ó coche e pitando para Pontevedra, e polos pelos chegamos á basílica de Santa María onde nos deixaron entrar para ver dous guadamecís de frente de altar e un que fai de "retablo".
Da alí unha viaxe fugaz ó Parador para ver algunhas cadeiras de coiro labrado e gubiado.
Xa pola tarde na EMAO puidemos desfrutar dunha clase diferente, impartida por Timbo Swainson, onde nos amosou alguns procesos curiosos con papel e coiro. A clase resultou moi entretida, e puidemos contar coa presenza de numeroso público, entre os que estaban Ernesto e Miriam, do Museo do Coiro de Allariz, algúns artesáns do coiro da zona e numerosos alumnos .

Gracia a todos, especialmente a Tim, polos seus consellos, pola sua colaboración e por TODO.......














mércores, 3 de xuño de 2015

Dende as Antípodas

Tim ó fondo, de pé
Como xa vos contamos, a pasada fin de semana tiveron lugar en Allariz as Xornadas dos Oficios do Coiro, e entre os seus participantes se atopaba Tim Swainson, de Nova Zelandia, co que tiven a oportunidade de falar un bo rato con el. Grazas ó noso amigo común Franklin Pereira, Tim vainos a visitar estes días para coñecer a nosa Escola e a nosa terra. Aquí vos deixo unhas fotos de unhas pezas de Tim, que de seguro que vos van a sorprender.
O Venres, teremos a oprtunidade de pasar a tarde con el na Biblioteca da Escola, na que nos explicará o seu traballo, os motivos da súa viaxe por Europa e realizará unha pequena demostración da súa técnica.


Lugar: Biblioteca da EMAO
Data: 5 de Xuño de 2015
17.00 Horas
Avenida García Barbón 5

Vigo
















luns, 1 de xuño de 2015

Un éxito de Encontros e Reencontros

Franklin durante o curso de Batik
Como xa sabedes esta fin de semana na vila de Allariz se celebraron as Xornadas dos Oficios do Coiro, nos que tiven a oportunidade de participar, e o primeiro que teño que dicir é ¡¡¡¡¡¡Parabens!!!!!!! a Ernesto e Miriam, polo gran traballo ben feito do que puidemos desfrutar.
Os obradoiros foron todo un éxito de participación e de traballo. Por outra banda as Xornadas contaron cunha gran presenza de alumnos e antigos alumnos da Escola e da nosa especialidade.

René Berends asinando unha dedciatoria para os alumnos da EMAO











Como sempre nestes eventos coñecemos xente nova e nos reencontramos con moita xente á que hai tempo que non vemos, este foi o caso, e entre os asistentes estaban René Berends, Tim Swainson, Franklin Pereira, Ana Caldas, Nelson Gómez Callejas, José Villar, José María Ruiz... artesáns de moitísimo nivel cos que puidemos compartir momentos moi divertidos e fructiferos.

Resulta tamén entrañable atoparse con Amigos como Alejandro ou Aurora, cos que estamos acostumbrados a falar a traves dun ordenador, pero ós que por fin lles podes poñer cara e manter conversas... e Cesar, co que había xa tempo con que non falaba.... e por suposto moita xente máis.....
Unha experiencia inolvidable, que recomendo a todo o mundo, por certo, ata o 30 de xuño permanecerá a exposición con pezas incríbles.

Nelson amosando a técnica do Guadamecil Contemporaneo

Antonina e Sara, alumnas no curso de Nelson, Tim Swainson no fondo

Peza de Iván Ríos que forma parte da Expo

Peza de René Berends que forma parte da Expo

Peza de José Bernardo

Pezas de Vidal Revilla na Expo
Aurora Sánz, José Maria Ruiz e Isaac Romero