Con motivo da visita estes días de Tim Swainson, esta mañá comezamos ruta en coche Nelson Gómez Callejas, Sonia Seco, Tim Swainson e máis eu, o destino era amosarlle a Tim parte da nosa terra e coñecer algúns puntos de interese do coiro na nosa provincia. Polas estradas fomos dende Redondela ata Pontecaldelas onde coñecemos a Curtidoira dos Arruty (http://artesaniadocoiro.blogspot.com.es/2011/03/o-coiro-en-terras-de-pontevedra.html), alí Carmen nos amosou as dependencias da fábrica e nos explicou a súa historia.
De alí fomos ata o Mosteiro de Poio, para ver os guadameciles que fan de frente de dous altares, pero chegamos tarde, así que de volta ó coche e pitando para Pontevedra, e polos pelos chegamos á basílica de Santa María onde nos deixaron entrar para ver dous guadamecís de frente de altar e un que fai de "retablo".
Da alí unha viaxe fugaz ó Parador para ver algunhas cadeiras de coiro labrado e gubiado.
Xa pola tarde na EMAO puidemos desfrutar dunha clase diferente, impartida por Timbo Swainson, onde nos amosou alguns procesos curiosos con papel e coiro. A clase resultou moi entretida, e puidemos contar coa presenza de numeroso público, entre os que estaban Ernesto e Miriam, do Museo do Coiro de Allariz, algúns artesáns do coiro da zona e numerosos alumnos .
Gracia a todos, especialmente a Tim, polos seus consellos, pola sua colaboración e por TODO.......
Una gran suerte la que tenemos de poder compartir estas clases Magistrales en la EMAO con gente de la talla de Tim. Felicidades.
ResponderEliminar