mércores, 3 de xuño de 2015

Dende as Antípodas

Tim ó fondo, de pé
Como xa vos contamos, a pasada fin de semana tiveron lugar en Allariz as Xornadas dos Oficios do Coiro, e entre os seus participantes se atopaba Tim Swainson, de Nova Zelandia, co que tiven a oportunidade de falar un bo rato con el. Grazas ó noso amigo común Franklin Pereira, Tim vainos a visitar estes días para coñecer a nosa Escola e a nosa terra. Aquí vos deixo unhas fotos de unhas pezas de Tim, que de seguro que vos van a sorprender.
O Venres, teremos a oprtunidade de pasar a tarde con el na Biblioteca da Escola, na que nos explicará o seu traballo, os motivos da súa viaxe por Europa e realizará unha pequena demostración da súa técnica.


Lugar: Biblioteca da EMAO
Data: 5 de Xuño de 2015
17.00 Horas
Avenida García Barbón 5

Vigo
















Ningún comentario:

Publicar un comentario