mércores, 20 de abril de 2011

Soños Ilustrados

O pasado venres ás 19.00 tivo lugar a inauguración da exposición "Soños Ilustrados" na nosa sala "Espazo Emao". Esta exposición é unha retrospectiva da Editorial Kalandraka, que leva 12 anos traballando en libros infantís. Os autores que forman parte desta exposición son:Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva.




Cabe destacar a variedade de materiais empregados, non so papel, tamen ceramica, madeira, papel maché ou tela.
Invita ó espectador a interactuar, xa que a caron das pezas solo aparece o nome do autor, e no piso de abaixo nunha mesa estan todolos libros nos que aparecen as pezas expostas pra poder collelos e buscar a que libro pertence cada unha.




















HORARIO: martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horasDATA: 15 de abril ata o 10 de maio de 2011
LUGAR: "Espazo EMAO"
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Avda. García Barbón, 5.
Tlf 986 22 80 88






luns, 18 de abril de 2011

Novidades no Blog

Esta é outra das fotografías  que Nelson fixo a semana pasada na nosa aula, a      idea é que poidamos identificalas, na pestaña de Ferramentas tedes máis imaxes.
                                         
                                                                                                                                          

sábado, 16 de abril de 2011

Gracias Maestro

O pasado mercores pola mañán o mestre Nelson Villalobos estivo na nosa clase colaborando con nós nu novo proxecto que estamos a desenrolar sacando unhas fotos, é tamen lle sacou unhas instantaneas ó alumno que máis horas pasa na clase, para uns Viriato e para outros Carlos III.

Dende aqui moitas grazas Maestro.