xoves, 23 de decembro de 2010

Bo Nadal!!!

Nestas datas tan sinaladas...dende o obradoiro de Artesanía do Coiro da EMAO queremos dexesarvos unhas Boas Festas e que o ano que entra sexa prospero para todos.
Tamen queremos aproveitar estas liñas para recomendarvos duas visitas nestes dias:
- Concurso de Belens de Nova Caixa Galicia, xa que o gañador foi CEDRO de Vigo por un Belen feito de Coiro, Noraboa dende aquí.
- Ofeitoman que se celebra estes dias no aparcadoriro da estación de Renfe.


BO NADAL E UNA FELIZ 2011!!!!!!

xoves, 2 de decembro de 2010

Elección- Selección

Con motivo da próxima exposición que se inaugurará proximamente na EMAO, dende o obradoiro de Artesanía en Coiro propuxemos a idea : O coiro como base para un elemento contedor decorativo. As pezas presentadas foron expostas e votadas durante a semana pasada na nosa aula e as máis votadas foron as seguintes:

45- Votos. Tibor. Eva Regina Campos Fernandez.
Perfeccionamento II.
Material: Pel de poldro, pel de porco, tireta de coiro e cartón.
Técnica empregada: Repuxado, tinguido e costuras decorativas.





41 Votos. Retaliños. Patricia Pérez Couñago
Perfeccionamento II
Material: Pel de poldro e metacrilato
Tecnica: Moldeado de pezas cosidas sobre un molde.












39 Votos. Caixa. Carmen Alvarez Portabales.
Aula Aberta.
Material: Pel de Poldro e madeira.
Técnica: Repuxado e moldeado sobre a caixa.











 37 Votos. Folla de Outono. Concepción Riobó García. Perfeccionamento II.
Material: Pel de poldro.
Técnica: Tinguido con varias cores para dar efectos, gravado e modelado en auga.









37 Votos. Cousa bonita, chico. Veronica Duarte Gonzalez.
Perfeccionamento II.
Material: Pel de poldro, tireta de coiro e arame.
Técnica: Cosido, tinguido e modelado con area. As flores son tinguidas e modeladas, o tronquiño vai trenzado con alma.









37 Votos. A Palloza. Gracia Ayuso Rodríguez.
Perfeccionamento II.
Material: Vaqueta en pasta, pel de poldro e pel de porco.
Técnica: As paredes son tinguidas e escarvadas, o tellado vai feito con tireta elaborada de pel de poldro e os interiores e a base van forrados coa pel de porco.