martes, 22 de febreiro de 2011

Declaración de Intencións.



Como mestre da especialidade Artesania en Coiro da EMAO, gustariame aclarar que este blog é o blog da especialidade Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios do concello de Vigo, e como administrador de este espazo me gustaría que quedasen claras un par de cousas:
  • Este blog ten como finalidade difundir o traballo que dende o obradoiro estamos a facer con respecto ó traballo do coiro, por tanto as entradas que imos publicando veñen relacionadas directamente con este tema.
  • Poucas son as paxinas web ou blogs que en castelan ou en galego fan unha difusión do traballo que facemos e se comezamos a ampliar os temas que debe abarcar o blog , que leva pouco máis de seis meses funcionando, o obxectivo podería ser moi diferente o esperado.
Por tanto, me gustaría que os comentarios que se deixen aquí teñan relación ou ben coa entrada correspondente ou co tema principal do blog, xa que do contrario estariamos faltando o obxectivo pricipal do blog, facer del un espazo de expresión sobre o traballo do coiro . Por iso considero que este non é o lugar adecuado para facer determinados comentarios.
Moitas Grazas.

Pepe Pereira