martes, 24 de febreiro de 2015

Unha visita especial

Acaban de marchar os nosos amigos e compañeiros de paixón da Asociación de Dano Cerebral de Vigo Alento, como xa fixeran na anterior exposición "100x100 Coiro" hai dous anos, hoxe viñeron acompañados pola Mestra Loli Alonso, que participa na exposición, e Clara, unha alumna do noso obradoiro que traballa nesta asociación e Susi, unha amante do coiro que é voluntaria nesta asociación.
Sempre agrada unha visita, pero esta foi moi especial, grazas pola vosa visita, e xa estamos agardando que voltedes






sábado, 21 de febreiro de 2015

Un anaquiño de historia

Podo dicir moi cheo de razón que onte e hoxe foron dous días especiais para mín...
Se o xoves mentres estaba a facer unha visita na exposición recibín unha visita dunha peza fundamental da nosa Escola e da nosa Especialidade, e me agradou moitísimo, hoxe venres podo presumir de ter pasado o día con un mestre do coiro. Alguén que desenvolveu unha técnica decorativa propia, alguén que desfruta do que fai dende o primeiro momentoata cando explica como se fai
Hoxe recibimos a Enric Ferrer,un artesán de Igualada(Barcelona), unha gran persoa á que tiven a oportunidade de coñecer hai dous anos grazas a un amigo común, Julián Sañudo. E agora con motivo do campionato de España de natación en categoria Master que estes días se está a celebrar en Pontevedra  no que está a participar.
Enric esta tarde lle explicou ós asistentes á hemeroteca como se desenvolveu a sua técnica de bordado en tireta de coiro, como o elabora e algunhas mostras do seu traballo.
Por último nos explicou como se desenvolveu un dos seus traballos e dos que está máis orgulloso, a elaboración a partir duns documentos atopados dun estandarte deseñado por Gaudí para o concello de Reus, e que na actualidade está exposto na Sagrada Familia de Barcelona...
Por último os asistentes lle cantaron a Enric o "Cumpleaños Feliz" xa que hoxe cumpliu 81 anos.... Parabéns Enric e moitas grazas


























mércores, 18 de febreiro de 2015

Primeira Actividade complememtaria a "Coiro... aínda que non o pareza"

O pasado venres na Hemeroteca da nosa Escola, os nosos amigos Lien e Andrés de Tandy Leather España nos presentaron parte das novidades para o 2015 que o fabricante norteamericano inclue no seu catalogo.
Lien nos ensinou a empregar as ferramentas de labrado e mateado, e nos foi dando consellos para o seu emprego e conseguir efectos diferentes na pel. Tamén nos ensinou a aplicar os adhesivos con base de auga e ó final explicou algunhas das técnicas experimentais que coñeceu en Usa para aplicar a cor dun xeito diferente.
Andrés pola súa parte nos presentou os diferentes produtos para cor, os professional waterstain, os hi lite, o antique... e nos deu moitos trucos que nos van ser moi prácticos, tanto nos tintes ó auga como ó alcohol...
Grazas polo ensinado, demostraremos o aprendido






martes, 17 de febreiro de 2015

Inaugurando

Como xa sabedes o pasado xoves Inauguramos a Exposición "Coiro... aínda que non o pareza" Espazo EMAO, a sala de Exposicións da nosa Escola, Ó acto foi presidido polo Alcalde de Vigo Abel Caballero, e foron numerosas as persoas que acudiron,  Alumnos, profesores, amigos e amantes do coiro, que en algun caso fixeron centos de quilometros para acompañarnos esa tarde.
GRAZAS A TODOS
Alcalde e Concelleir@s na visita guiada

O Público asistente contemplando as obras da Exposición

O Público asistente contemplando as obras da Exposición

O Público asistente contemplando as obras da Exposición

O Público asistente contemplando a Velvet Rain

Puidemos desfrutar dunha gran actuación de parte de Velvet rain


Cogumelos de Ana Mirou

Engastados de Ania Pereira

O Rei da ría de José Villar

O Rei da Ria de José Villar

Tallados de Xavier Portela e Carmen Mariño

Lámpara espiral de Patricia Perez

Lobo de Carmen Sanz Burgos

Cuadro Mixto de Mónica Vila

Obradoiro de Nelson Gómez Callejas

Probas de Tallado de Carmen Mariño

Fantasy Mask de Charlie Davenport

Touareg de Jose F Díaz

O Lema que marca esta Exposición

Cuenco Ostrón de José Maria Ruiz y Ernesto Sanchez

Bolso de Toni Reyes

Cuadrícula de Rafael Varo

Os cinco sentidos de Michael Nadeau

O Titellaire de Esculturas en Cuir

o Violinista de Esculturas en Cuir

A Bruixa Gran de Esculturas en Cuir