
Se o xoves mentres estaba a facer unha visita na exposición recibín unha visita dunha peza fundamental da nosa Escola e da nosa Especialidade, e me agradou moitísimo, hoxe venres podo presumir de ter pasado o día con un mestre do coiro. Alguén que desenvolveu unha técnica decorativa propia, alguén que desfruta do que fai dende o primeiro momentoata cando explica como se fai
Hoxe recibimos a Enric Ferrer,un artesán de Igualada(Barcelona), unha gran persoa á que tiven a oportunidade de coñecer hai dous anos grazas a un amigo común, Julián Sañudo. E agora con motivo do campionato de España de natación en categoria Master que estes días se está a celebrar en Pontevedra no que está a participar.
Enric esta tarde lle explicou ós asistentes á hemeroteca como se desenvolveu a sua técnica de bordado en tireta de coiro, como o elabora e algunhas mostras do seu traballo.

Por último os asistentes lle cantaron a Enric o "Cumpleaños Feliz" xa que hoxe cumpliu 81 anos.... Parabéns Enric e moitas grazas

Ningún comentario:
Publicar un comentario