venres, 23 de novembro de 2012

Homenaxe a unhas persoas Especiais

Sacabocados empregado por unha das alumnas de doña Andrea

 Tal dia como hoxe no ano 2009 comezou a miña andadura pola Escola, xa levo tres anos aquí cumplindo un soño e traballando no que máis me gusta, o coiro. Podo presumir de traballar nunha Institución de Vigo e de Galicia que leva máis de 125 anos traballando por manter unha idea de traballo e conservación. Concretamente hoxe me lembro de dúas persoas en concreto, dúas mulleres que adicaron toda a súa vida ó coiro e a esta Escola. Andrea Castro, doña Andrea adicou máis de cincuenta anos da súa vida á Escola como mestra de varias especialidades, estre elas Repujado en Cuero, que se comezou a impartir na nosa Escola a partires dos anos 50 do século XX.
Virginia Gonzalez no centro da foto
Polo que eu sei a súa sucesora foi Virginia Gonzalez, que exerceu o oficio como mestra durante máis de trinta anos na Escola sendo a mestra de Repuxado en Coiro, o pouco que a coñecín me pareceu unha gran profesional que é un simbolo para o coiro da nosa zona,xa que ela foi a mestra d@s artesans das Rias Baixas, eo os mestres dos principais obradoiros artesans de coiro da nosa provincia foron alumnos seus.
Sei que soamente levo tres anos por aquí, pero soamente espero que o listón está moi alto e que estou disposto a traballar para que siga onde está.
Aquí vos deixo unhas fotos de alguns dos traballos feitos na clase de Virginia, que me pasou María Jesus, do depósito da Biblioteca.





mércores, 21 de novembro de 2012

Como se fai un Sheridan

Como xa sabedes Sheridan e unha vila de Wyoming (USA) que lle da o seu nome a un estilo de labrado. A sua caracteristica pricipal é a súa temática floral que flue en espiral ou formando circulos, xa que deste xeito chama máis a atención do ollo. Ainda que non é unha espiral neste video podedes ver o paso a paso da elaboración dunha correa decorada neste estilo. Espero que vos guste.

mércores, 14 de novembro de 2012

Alumno de Portada

Dende aquí queremos felicitar a Marcos Faria de Perfeccionamento 2A, xa que unha fotografia súa ilustra a portada da revista sobre literaura en Esperanto Beletra Almanako. Queremos dende aquí recoñecer o traballo que Marcas fai tamen dende o seu blog, dende aquí Parabéns e nimo para seguir facendo cousas tan bonitas...
http://www.mffotografiaydiseno.blogspot.com.es/









venres, 9 de novembro de 2012

A nosa veciña e a Amiga Americana

A nosa veciña de porta con porta, a Mestra de Deseño e Encaixe de Palillos, Marian Nuñez participará esta tarde nunha videoconferencia no Museo Metroplitano de Nova York.
Marianm  xunto a dúas encaixeiras de Europa , participaran nunha conferencia sobre o Encaixe contemporaneo no Século XXI invitadas pola experta en encaixe Laura Sundin.
Dende aquí queremos mandarlle o noso apoio e desexarlle moita sorte, Noraboa Mestra e "que la Fuerza te Acompañe".
Neste enlace podedes ver os traballos que se fan na clase do lado.
http://encaixenaemao.blogspot.com.es/

mércores, 7 de novembro de 2012

Traballando coa Pasta

Os alumnos de Perfeccionamento 2 se atopan estes días coñecendo un novo material, a vaquetilla en pasta, a primeira peza que estan a realizar e o coñecido como Coirobol, e en breve comezarán coas Follas. A vaqueta en pasta e un material incríble, xa que admite un montón de posibilidades, tanto decorativas coma constructivas, e a súa mellor caracteristica é que en contacto coa auga nos permite darlle as formas ou un volume que en seco non o poderíamos imaxinar, en breve veredes os seus primeiros traballos...