venres, 23 de novembro de 2012

Homenaxe a unhas persoas Especiais

Sacabocados empregado por unha das alumnas de doña Andrea

 Tal dia como hoxe no ano 2009 comezou a miña andadura pola Escola, xa levo tres anos aquí cumplindo un soño e traballando no que máis me gusta, o coiro. Podo presumir de traballar nunha Institución de Vigo e de Galicia que leva máis de 125 anos traballando por manter unha idea de traballo e conservación. Concretamente hoxe me lembro de dúas persoas en concreto, dúas mulleres que adicaron toda a súa vida ó coiro e a esta Escola. Andrea Castro, doña Andrea adicou máis de cincuenta anos da súa vida á Escola como mestra de varias especialidades, estre elas Repujado en Cuero, que se comezou a impartir na nosa Escola a partires dos anos 50 do século XX.
Virginia Gonzalez no centro da foto
Polo que eu sei a súa sucesora foi Virginia Gonzalez, que exerceu o oficio como mestra durante máis de trinta anos na Escola sendo a mestra de Repuxado en Coiro, o pouco que a coñecín me pareceu unha gran profesional que é un simbolo para o coiro da nosa zona,xa que ela foi a mestra d@s artesans das Rias Baixas, eo os mestres dos principais obradoiros artesans de coiro da nosa provincia foron alumnos seus.
Sei que soamente levo tres anos por aquí, pero soamente espero que o listón está moi alto e que estou disposto a traballar para que siga onde está.
Aquí vos deixo unhas fotos de alguns dos traballos feitos na clase de Virginia, que me pasou María Jesus, do depósito da Biblioteca.





1 comentario:

  1. Por otros 50 e pico anos máis de coiro na escola! E con Pepe, por suposto! Yuhu!!! Japi berdei my teacher!!! maestro!!!

    ResponderEliminar