xoves, 29 de xuño de 2017

"700 anos da Festa do Boi"

O pasado mércores día 14 de xuño de 2017 o Museo do Coiro se reuníu o xurado do Concurso “700 anos da Festa do Boi” formado por Antonio Blanco, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, Ernesto Sánchez , Artesán do Museo do Coiro de Allariz,  Nelson Gómez Callejas, Artesán do coiro e Juan Antonio Seara, técnico de cultura tendo en conta o voto emitido polos visitantes que visitaron a exposición “700 anos da Festa do Boi” na que estiveron expostas as pezas presentadas ó concurso e que estivo aberta ó público do 3 de maio ao 11 de xuño de 2017 no Museo do Coiro.
Como sabemos, a Festa do Boi é unha manifestación cultural que se mantén  na localidade de Allariz dende fai VIII séculos, é unha festa de orixe Medieval que recorda ás disputas  sociais entre xudeus e cristiáns no ano 1317. Na actualidade representa un compromiso coas raíces, na que a música, as danzas tradicionais e os gremios, ademais das famosas “Carreiras do Boi” que son parte de esta festa. 

O Xurado acordou conceder :
-O primeiro premio de 400€ á peza “DCC ANNI” de José Villar.
-O segundo premio  de 300€ á peza “O Boi, un cadaver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Arte e Oficios do Concello de Vigo.
-O terceiro premio de 200€ á peza “Os Curtidores” de Miriam Campomar

Por outra banda ante a calidade das pezas presentadas decidiu por unanimidade concederun accésit de 100 € a peza que leva por título “Boi” de Michael Nadeau.

Peza de Michael Nadeau

Peza de Miriam Campomar

Peza dosAlumnos da EMAO 
Peza de José Villar

Gracias ó Concello de Allariz por ter organizado esta actividade e a Ernesto e Miriam pola súa labor no Museo do Coiro e á cabeza das Xornadas dos Oficios do Coiro.

xoves, 22 de xuño de 2017

Monogáfico de Verán "“INTRODUCCIÓN AO LABRADO”

 Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte convocatoria de cursos monográficos de verán a desenvolver no mes de xullo de 2017, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso 2016-2017 na EMAO.
*Aula de Artesanía en coiro: “INTRODUCCIÓN AO LABRADO” 
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Prioridade para persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables. 
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas 
Inscrición ata o 30 de xuño 
Duración: 30 horas 
Número de prazas: 15 

Programa
Presentación
O labrado, técnica decorativa que tanto pulo ten nestes días, ten unha orixe ibérica e aquí acadou unha gran importancia, con Hernán Cortés cruzou o Atlántico e nos últimos anos vén de volta cun ritmo moi forte. 
Con este curso pretendemos introducirnos na orixe histórica desta técnica e nas súas variantes técnicas incisado e gubiado, os diferentes tipos de mateadores que se empregan e os efectos que con eles se poden conseguir. 
Afondaremos tamén nos diversos estilos que hoxendía teñen máis difusión e coñeceremos aos seus autores máis coñecidos. 
Contido
Presentación histórica da técnica e as ferramentas para aplicala. 
Diferenciación do labrado co repuxado e o estampado 
O incisado. E Labrado invertido. 
Modelado. 
Labrado Xeométrico, e en Cesta. 
Labrado Floral. 
Labrado de Nudos. 
Follas de Carballo e Landras. 
Plumas. 
Labrado Mixto. 

Material a aportar polo alumnado: 
Burís, vaquetilla en pasta, bisturí e coitelas xiratorias no caso de que as teñan 
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO. 

CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS 

Duración: 30 horas 
Prazas limitadas: véxase o número máximo para cada curso 
Inscripción: gratuíta, exclusivamente mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.orgcos seguintes datos (imprescindibles):

- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:  

- Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición, ou se teña prioridade por telos cursado, para acceder ao monográfico seleccionado] 

Admisión de solicitudes: 
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2016-217 
Só se admiten persoas maiores de 16 anos. 
Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto 
A inscrición farase, trala aplicación das prioridades que se indican en cada durso, por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas. 
A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas

Material: o material indicado para cada curso será aportado polo alumnado. As características concretas do mesmo explicaranse na primeira sesión de cada un. A Escola porá a disposición do alumnado para o desenvolvemento do monográfico, os equipos, a maquinaria e a ferramenta propias do Obradoiro.

mércores, 21 de xuño de 2017

Monográficos de Verán na EMAO

CURSOS DE VERÁN NA EMAO. CONVOCATORIA.

CURSOS MONOGRÁFICOS DE VERÁN EMAO'17

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte convocatoria de cursos monográficos de verán a desenvolver no mes de xullo de 2017, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso 2016-2017 na EMAO:

*
* Aula de Debuxo: “O DEBUXO DAS PREGADURAS QUE FORMAN AS TEAS” Impartido por Federico Fernández, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas na práctica do debuxo, que non estean matriculadas na EMAO no curso 2016-17
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15

Programa:
Presentación: Centrarase na observación e o debuxo de teas e pregaduras. Ao longo da historia da arte moi diversos artistas, desde os iluminadores dos códices románicos, pasando polos grandes pintores barrocos ata chegar ós expresionistas e os fauvistas das vangardas, enfrontáronse de diversos xeitos á representación das teas e as pregaduras que xeran. Un exemplo fascinante de como un obxeto cotián pode chegar a ser un pretexto para facer un estudio de debuxo interesante son as almofadas debuxadas por Durero. Unha almofada, mullida e situada en diversas posicións ou unha tea branca pousada enriba dunha silla ofrece grandes posibilidades para estudar as pregaduras, as liñas e as sombras, debuxando primeiro o desenvolvemento das pregaduras principais e orquestando sobre elas a forma e o claroscuro.
on este curso trátase, pois, de facer un achegamento básico ao debuxo das pregaduras que forman as teas mediante a observación e a súa plasmación sobre o papel.
Obxectivos:
Analizar debuxos e pinturas de teas e ropaxes realizados por diversos artistas da historia da arte.
Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos de teas e pregaduras que realizaremos.
Coñecer os elementos gráficos do debuxo.
Utilizar os recursos gráficos axeitados para a representación de pregaduras e teas.
Contido:
Unha mirada á historia da representación gráfica das teas e pregaduras, desde o Románico ata o século XX. Exemplos.
A linguaxe gráfica básica do punto e a liña. A trama . Os degradados.
A linguaxe gráfica básica da mancha. O clarosuro.
Estudio e observación das pregaduras e das teas a partir de debuxos de láminas.
Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando debuxos de láminas como modelo.
Estudio e observación das pregaduras e teas con escenarios reais.
Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando escenarios reais.

Material a aportar polo alumnado: indicarase na primeira sesión do curso. Estímase que a súa adquisición custará aproximadamente 10 euros.
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

*

* Aula de Deseño e Encaixe de Palillos: “ENCAIXE DE CINTA ( ENCAIXE DE VOLOGDA ) PARTE II” 
Impartido por Marian Núñez, mestra da especialidade na EMAO
Destinatarios: Alumnado que rematara a especialidade de Deseño e Encaixe de Palillos. Terán preferencia os que fixeran a Parte I deste curso monográfico no ano 2016.
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15
Programa:
Presentación:
Trátase de facer un achegamento ao deseño e técnica de cinta da zona rusa de Vologda, mediante a realización dunha peza relacionada con esta cinta, excecutando distintas partes de cinta correctamente e aplicándolle distintas cores, empregando correctamente as distintas fibras de traballo.
Contido:
Deseñar unha peza de cinta.
Axustar o material ao deseño.
Adecuar o material (liño, seda, algodón) á escala de traballo.
Obter unha peza cun deseño específico de encaixe ruso.

Material a aportar polo alumnado:
Almofada plana circular
Palillos mallorquíns
Diferentes fios.
Alfinetes
Ganchillos.
Libreta de apuntes curso anterior
(outros utensilios para a realización do traballo)
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

*
*Aulas de Moda e Confección e de Serigrafía artística: “ESTAMPACIÓN E CONFECCIÓN TÉXTIL” 
Impartido por Emma Pintos e Alba Pardo, mestras das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas con coñecementos demostrables das especialidades. Terán prioridade os/as ex-alumnos/as de Moda e Confección ou de Serigrafía Artística da EMAO.
Datas: do 12 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Inscrición: ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas (1ª sesión 2 horas)
Número de prazas: 15

Programa:
Presentación:
Curso de interdisciplinaridade entre os obradoiros de Serigrafía Artística e Moda e Confección, no que se explora a posibilidade de confeccionar prendas con tecidos estampados artesanalmente. Na primeira sesión farase unha presentación do curso por parte das mestras dos obradoiros e haberá unha charla introductoria de Natalia Moreno, deseñadora de estampados textís.
Contido:
Serigrafia (14 horas no obradoiro) 
Preparación da pantalla serifráfica.
Emulsionado, insolado, revelado e secado.
Estampación sobre tecido.
Moda (16 horas no obradoiro) 
Adaptación de padróns base.
Corte de tecidos.
Montaxe de prendas básicas.
Remate e acabados das prendas.

Material a aportar polo alumnado:
1 libreta cuadriculada A4
1 Lapiz 2B
Rotulador negro de punta fina
Cuter
Cinta de embalaxe
Cinta de carrocero
Regla de 50cm
Cinta métrica
Agullas e alfinetes
Dedal
Tesoira para tea
Xiz para tea (non branco)
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

*
*Aula de Artesanía en coiro: “INTRODUCCIÓN AO LABRADO” 
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Prioridade para persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables.
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15

Programa:
Presentación:
O labrado, técnica decorativa que tanto pulo ten nestes días, ten unha orixe ibérica e aquí acadou unha gran importancia, con Hernán Cortés cruzou o Atlántico e nos últimos anos vén de volta cun ritmo moi forte.
Con este curso pretendemos introducirnos na orixe histórica desta técnica e nas súas variantes técnicas incisado e gubiado, os diferentes tipos de mateadores que se empregan e os efectos que con eles se poden conseguir.
Afondaremos tamén nos diversos estilos que hoxendía teñen máis difusión e coñeceremos aos seus autores máis coñecidos.
Contido:
Presentación histórica da técnica e as ferramentas para aplicala.
Diferenciación do labrado co repuxado e o estampado
O incisado. E Labrado invertido.
Modelado.
Labrado Xeométrico, e en Cesta.
Labrado Floral.
Labrado de Nudos.
Follas de Carballo e Landras.
Plumas.
Labrado Mixto.

Material a aportar polo alumnado:
Burís, vaquetilla en pasta, bisturí e coitelas xiratorias no caso de que as teñan
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

*
*Aula de Talla e Escultura en madeira: “GRAVADO EN RELEVO: XILOGRAFÍA” 
Impartido por Rosa García, mestra da especialidade na EMAO
Destinatarios: alumnado que rematara os estudos de talla e escultura en madeira en calquera ano.
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 12

Programa:
Presentación:
Este curso propón formar e potenciar o desenvolvemento plástico do alumnado no campo da arte gráfica orixinal, a partir das técnicas del gravado en relevo.
Que o alumno/a comprenda e sexa quen de desenvolver unha visión do gravado como medio de expresión artística.
Coñecer os fundamentos e a evolución histórica do gravado.
Coñecer os distintos sistemas de impresión.
Coñecemento e dominio das técnicas e procesos propios do gravado en relevo e xilográfico.
Os coñecementos expoñeranse por medio de clases teórico-prácticas; de forma xeral e individual segundo requírao o traballo en cada momento. As clases terán un soporte audiovisual a partir de recursos na web; comentaranse matrices e estampas orixinais; así como distintas obras de artistas actuais. AVALIACIÓN Será avaliación continua do traballo realizado polo alumno, a súa actitude e aptitudes no taller, así como a súa asistencia. O alumno deberá elaborar un portafolio onde conste unha memoria do traballo na aula e das actividades realizadas dentro e fóra desta; unha reflexión persoal e valoración do aprendido no curso, así como novas propostas.
Contido:
A obra seriada, principios xerais: Clasificación das técnicas gráficas de gravado e estampación Iniciación aos conceptos de gravado e estampación.
O monotipo. A imaxe impresa non seriada.
O gravado en relevo: Antecedentes históricos. A xilografía ao longo da historia. materiais , procesos e infraestruturas. O linogravado - Procesos de creación do gravado en relevo, cunha soa plancha. - Procesos de creación do gravado en relevo, con varias planchas.
A Xilografía.
Técnicas aditivas: O collagraph
O gravado matérico.

Material a aportar polo alumnado:
Planchas-matrices, papeis de gravado, materiais para técnica aditiva
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

*
Foto Marta Soliva https://goo.gl/qQLWym
*Aula de Encadernación: “ROTULADO DE LIBROS” 
Impartido por Pablo Otero, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Persoas que remataran os estudos de Encadernación na EMAO en calquera ano
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición: ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 10

Programa:
Presentación:
Rotular libros coas tipografías adecuadas para mellorar a presentación dun libro
Contido:
Composición tipográfica.
Elaboración de plantillas.
Posicionado e marcado no libro.
Gofrado.
Utilización de películas de colres e ouro.

Material a aportar polo alumnado:
Libros para rotular
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.

*
*Aula de CAIM Zanfona: “TÉCNICA DE CALADO . CORTE CON SEGUETA DE MARQUETERÍA” 
Impartido por Xaime Rivas, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas en xeral
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición: ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15

Programa:
Presentación:
O obxectivo do curso é adquirir as habilidades e competencias necesarias para efectuar corte con segueta de marquetería con calidade.
Contido:
Prácticas con serra de corte frontal sobre taboleiro contrachapado
Construción dun obxecto concreto a suxestión do alumno/a ou do mestre.

Material a aportar polo alumnado:
Cadernos de deseños para marquetería
Arco de marquetería grande