xoves, 29 de xuño de 2017

"700 anos da Festa do Boi"


O pasado mércores día 14 de xuño de 2017 o Museo do Coiro se reuníu o xurado do Concurso “700 anos da Festa do Boi” formado por Antonio Blanco, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, Ernesto Sánchez , Artesán do Museo do Coiro de Allariz,  Nelson Gómez Callejas, Artesán do coiro e Juan Antonio Seara, técnico de cultura tendo en conta o voto emitido polos visitantes que visitaron a exposición “700 anos da Festa do Boi” na que estiveron expostas as pezas presentadas ó concurso e que estivo aberta ó público do 3 de maio ao 11 de xuño de 2017 no Museo do Coiro.
Como sabemos, a Festa do Boi é unha manifestación cultural que se mantén  na localidade de Allariz dende fai VIII séculos, é unha festa de orixe Medieval que recorda ás disputas  sociais entre xudeus e cristiáns no ano 1317. Na actualidade representa un compromiso coas raíces, na que a música, as danzas tradicionais e os gremios, ademais das famosas “Carreiras do Boi” que son parte de esta festa. 

O Xurado acordou conceder :
-O primeiro premio de 400€ á peza “DCC ANNI” de José Villar.
-O segundo premio  de 300€ á peza “O Boi, un cadaver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Arte e Oficios do Concello de Vigo.
-O terceiro premio de 200€ á peza “Os Curtidores” de Miriam Campomar

Por outra banda ante a calidade das pezas presentadas decidiu por unanimidade concederun accésit de 100 € a peza que leva por título “Boi” de Michael Nadeau.



Peza de Michael Nadeau

Peza de Miriam Campomar

Peza dosAlumnos da EMAO 
Peza de José Villar




Gracias ó Concello de Allariz por ter organizado esta actividade e a Ernesto e Miriam pola súa labor no Museo do Coiro e á cabeza das Xornadas dos Oficios do Coiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario