Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte convocatoria de cursos monográficos de verán a desenvolver no mes de xullo de 2017, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso 2016-2017 na EMAO.
*Aula de Artesanía en coiro: “INTRODUCCIÓN AO LABRADO”
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Prioridade para persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables.
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas
Inscrición ata o 30 de xuño
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15
Programa:
Presentación:
O labrado, técnica decorativa que tanto pulo ten nestes días, ten unha orixe ibérica e aquí acadou unha gran importancia, con Hernán Cortés cruzou o Atlántico e nos últimos anos vén de volta cun ritmo moi forte.
Con este curso pretendemos introducirnos na orixe histórica desta técnica e nas súas variantes técnicas incisado e gubiado, os diferentes tipos de mateadores que se empregan e os efectos que con eles se poden conseguir.
Afondaremos tamén nos diversos estilos que hoxendía teñen máis difusión e coñeceremos aos seus autores máis coñecidos.
Contido:
Presentación histórica da técnica e as ferramentas para aplicala.
Diferenciación do labrado co repuxado e o estampado
O incisado. E Labrado invertido.
Modelado.
Labrado Xeométrico, e en Cesta.
Labrado Floral.
Labrado de Nudos.
Follas de Carballo e Landras.
Plumas.
Labrado Mixto.
Material a aportar polo alumnado:
Burís, vaquetilla en pasta, bisturí e coitelas xiratorias no caso de que as teñan
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.
CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración: 30 horas
Prazas limitadas: véxase o número máximo para cada curso
Inscripción: gratuíta, exclusivamente mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:
- Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición, ou se teña prioridade por telos cursado, para acceder ao monográfico seleccionado]
Admisión de solicitudes:
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2016-217
Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto
A inscrición farase, trala aplicación das prioridades que se indican en cada durso, por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas
Material: o material indicado para cada curso será aportado polo alumnado. As características concretas do mesmo explicaranse na primeira sesión de cada un. A Escola porá a disposición do alumnado para o desenvolvemento do monográfico, os equipos, a maquinaria e a ferramenta propias do Obradoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario