venres, 24 de febreiro de 2012

Trenzados

 Como xa sabemos o trenzado non so é unha técnica decorativa, senon que tamén é unha técnica constructiva, a teoría dos trenzadores di que unha peza trenzada resiste ata catro veces o peso do que resistirían os cabos soltos, é dicir que si catro cabos soltos resisten un peso de 10 kilogramos eses catro cabos trenzados correctamente chegarían a resistir 40 kilogramos.
Para aprender a trenzar contamos na nosa Biblioteca (http://bibliotecadaemao.blogspot.com/) con alguns dos mellores libros que podemos atopar no mercado.

 Leather Braiding ( Coiro Trenzado)
Este libro de Bruce Grant é unha estupenda introducción a esta técnica, con unhas ilustracións moi claras que nos axudan a esquivar a barreira do idioma, o Inglés, no que está escrito. Merece a pena sentarse e adicarlle uns minutos para comprender a técnica. Unha vez adquirida a destreza soamente queda unha cousa para aprender a trenzar, e esa cousa é trenzar.
Ademáis de trenzas amosa como facer costura, apliques, tecidos, cabezas de turco e pezas.
Encyclopedia of Rawhide and Leather Braiding
(Enciclopedia do Trenzado de Coiro e Coiro Cru)
Obra que completa o traballo de Bruce Grant, xa que contén "Leather Braiding" e outros traballos que fan un total de 350 ilustracións que amplia e unifica os anteriores e recopilando artigos soltos que agrupa en trenzados planos e redondos, cabezas de turco, botóns, costuras, apliques....Merece a pena e como o anterior as iustracións nos axudan a saltar a barreira do idioma.







Trenzas Gauchas
Obra maestra da Soguería  Arxentina, Mario López Osornio nos amosao traballo dos trenzadores gauchos, mezclando a teoría con conversas con trenzadores a modo de historia.
Resulta moi interesante, ainda que require un pouco de paciencia coas ilustracións, sen case barreiras na lingua, xa que está escrito en castelán.














Para abrir boca aquí vos deixamosun par de enlaces.
http://eltrenzador.blogspot.com/
http://secretosdelcuero.blogspot.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario