martes, 22 de novembro de 2011

Tranversalidade- Colaboración

A idea de que a colaboración entre obradoiros é o que fai Escola é unha idea que comparto, así que tratamos que isto se faga realidade no dia a dia. A sorte coa que contamos a diferencia dun obradoiro illado é que podemos completarnos e axudarnos mutuamente á hora de traballar.
Para mostra tres botóns:
Colgante de Técnica mixta
 Colgante feito pola alumna de Encaixe de Palillos Emilia Fernánde Cendón combinando os fios de Algodón sobre Coiro cunha trenza de coiro rematando os cantos da peza. a técnica de encaixe aplicada é o Guipur. En colaboración
con Encaixe de Palillos e a Mestra Marián Nuñez







Mazo, corpo doutro mazo e chaveiro torneados en coiro.
 Pezas de Coiro torneadas no Obradoiro de CAIM Gaita como proba práctica para a aplicación dunha téncica propia de Madeira sobre outro material, o Coiro. Pezas realizadas entre os Mestres Carlos Corral e Pepe Pereira.
Semiesfera de Carlos Puente






 En colaboración cos Mestres de Modelado Federico Fernández e María Heredero, e o Mestre de Cerámica Miguel Vázquez. No obradoiro de Modelado fixeron os moldes da semiesfera e da cara, e no de Cerámica foron cocidos e esmaltados, o resultado é un soporte ideal para o moldeado do Coiro





Máscara de Pepe Pereira sobre o Molde de Andrea Piñeiro.








Próximanente Moito Máis

1 comentario: