mércores, 15 de novembro de 2017

Convocatoria de Actividade "Aproximación o calzado Artesán"

Xoves 23 de Novembro ás 17.30
Actividade: Aproximación ó Calzado Artesanal.
Impartida por: .Alejandro Casado Martínez, membro do grupo artesán ARTCUERO (Madrid)
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade. Prazas limitadas.
Lugar: Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios.
Alejandro é un coñecido Artesán do Coiro, especialista na elaboración de calzado artesán tradicional. O seu traballo foi exposto no Espazo EMAO en 2015 no contexto da exposición "Coiro... ainda que non o pareza" e forma parte xunto con Sara Montero e Michael Nadeau do grupo artesán ArtCuero que dende hai uns anos se adica á ensinanza dos oficios do coiro e o traballo no obradoiro para a elaboración de pezas, ademáis de facer demostracións en diferentes eventos e centros de ensino.
Nesta actividade nos fará unha exposición de coñecementos xerais a ter en conta para a elaboración de estas pezas como son o pé, a horma e o calzado. E realizará demostracións práctica do montaxe dun zapato e demostración práctica da costura empalmillada.

IMPORTANTE PARA A INSCRICIÓN
Para solicitar a inscrición nestas actividades deberá enviarse un correo electrónico a emao@vigo.org coas características que se detallan:
* Indicar no Asunto: “Aproximación Calzado Artesanal”
No corpo da mensaxe indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data límite inscrición: martes 21 de novembro ás 14.00

A admisión, ata completar as 50 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Enviarase ás persoas admitidas un correo electrónico de confirmación.




Ningún comentario:

Publicar un comentario