Nesta ocasión a representación da nosa Especialidade esta formada por seis alumnas que cos seus proxectos van amosar unha vez máis asinfinitas posibilidades do Traballo do Coiro.
Antonina, Sandra, Loli, Elisa, Iria e Sara |
“Como
posta en práctica do aprendido durante o meu paso pola Escola decidín afondar
no volumen, sobre todo en técnicas como o modelado, o conformado ou o moldeado
con area, e despois de moitas probas, e de xogar moito co Coiro aquí vos
presento o meu Coirobol”.
Sandra.
“En Rusia,Jojlomá é o nome dunha antiga técnica
de pintura decorativa, unha das máis destacadas ememorables da tradicion
popular. Apareceu no século XVII, cerca de Nignii Novgorod, cidade, que se atopa
na beira do gran rio Volga. O nome de este arte, procede dunha pequeña vila,
así chamada,onde vivian os artesans da madeira que facian vaixelas cunhas
pinturas preciosas, por iso decidín combinar a tradición co aprendido na Escola
xogando cun material tan versátil como é o Coiro para desenvolver o meu
proxecto.”
Antonina.
“Hoxe en
día os dispositivos electrónicos forman parte da nosa vida, así que para
desplazarnos precisamos de unha protección que soamente o Coiro lle pode dar,
por iso neste proxecto elaborei fundas para ttransportar unha tablet, un
portátil e un móvil”
Elisa
“Shieldmaidens, en Danés skjoldmø, en
Noruego skjoldmøy, en Sueco, sköldmö y en Alemán, Schildmaid, dentro da mitoloxía
escandinava, estos termos representan á muller que se entrega á loita e se
convirte en guerreira no campo de
batalla. Con esta coraza de inspiración vikinga, resultado de un minucioso
proceso de investigación e elaboración, ademáis de presentar os coñecementos
adquiridos nesta Escola, se pretende alabar, de forma simbólica, a todas
aquelas mulleres loitadoras que existiron ó longo da historia.”
Iria.
“Ante os
obstaculos que atopamos á hora de aprender a trenzar, os libros ou están el
Inglés ou teñen uns gráficos que non son claros, decidín plantexar un proxecto
que acabara con esta dificultade, así pois , aquí vos presento a miña
compilación de guías de apendizaxe no que traballei para facilitarlle a tarefa
@s que veñan despois”
Sara.
“Tras descubrir a revista francesa “L'
Artisan Pratique”, publicada durante as décadas dos 20 e os 30 do século XX,
decidín tomala como fonte de inspiración para este proxecto aplicando os deseños
das ilustracións como decoración para un moble moderno de liñas simples.empregando
as técnicas de traballo e as formas de tinguido da época.”
Dolores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario