venres, 18 de outubro de 2013

O Maestro José maría Ruiz


Retrato do Maestro
Esta semana seguimos coñecendo persoeiros do mundo do coiro polas terras do sur, se a semana pasada estabamos en Ubrique, capital da Marroquinaría, esta semana estamos en Córdoba, capital do traballo Artístico no Coiro. O Maestro José María Ruiz responde o noso cuestionario. Podedes seguir o seu traballo en Facebook (El-Taller-del-Artesano). Traballos clásicos e técnicas innovadoras... amor polo oficio...

 -Como empezaches no coiro?
Pura casualidade, o meu irmán por entón tonteaba coa zapataría e eu estaba demasiado ocioso.
-Como descubriches o nobre material?
A miña cidade ten unha longa tradición do coiro e aínda que nunca me dediquei ao traballo artístico, ata agora, era unha constante na artesanía de aquí.
-Que ten o coiro que non teña outro material?
Creo que o coiro como calquera material nobre ou natural, ofrece mil posibilidades para traballalo. Non menosprezo outros. Calquera traballo feito con amor á materia que o conforma pode resultar unha xoia.




-Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Dentro do traballo máis artístico que desenvolvín nos últimos anos, sen dúbida o "Coiro fervido"
-Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Todas as que me quedan por facer. Sempre a seguinte.
-Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que goce e investigue, pero que teña en conta o que xa está descuberto, non paga a pena tratar de inventar a pólvora.

                                                                                   -Tes algunha ferramenta "especial"?
Adoro as ferramentas, quizais a miña pequena colección de pulidores son do que máis me gusta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario