mércores, 28 de decembro de 2011

Investigando

Mostra 1

Mostra 2
Os investigadores da NASA, os do CSIC e moitos máis se preguntas que é isto que apareceu no Obradoiro de Artesania en Coiro da EMAO, a ver si lles podedes botar unha man. E non é unha inocentada. Deixade a vosa teoría como comentario ou no noso perfil de Facebook  Coiro Emao

Iniciando

Marcos IA
 Estes son alguns dos traballos feitos polos alumnos de Iniciación.  Como sabedes durante o primeiro curso da especialidade a técnica predominante é o repuxado, que tanto prestixio lle deu á nosa Escola. Ata hai dous anos o nome da especialidade era "Repuxado en Coiro", en xuño do ano 2010 a Xunta Rectora decidiu cambiarlle o nome e ampliar os seus contidos, agora co nome de "Artesania en Coiro" seguimos mantendo o Repuxado durante o primeiro curso.
¡¡¡Feliz 2012!!!


Marcos Ia

Vanesa IB

Sol IB

Marcos IA

Yolanda IA

Vanesa IB

venres, 23 de decembro de 2011

Iniciación

Dende o obradoiro de Artesania en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo queremos dexesarvos a todos un BO NADAL, e os nosos mellores desexos para o 2012. E esperamos que o vindeiro ano sexa un pouquiño mellor que este ano que remata, cousa que non resulta moi dificil de superar.
Unha Aperta a tod@s.

luns, 19 de decembro de 2011

Para o ano que ven...

Teresa PIA
Como decía un correo que lín o outro dia, expertos en marketing decidiron adicar o ano que vai comezar como o ano do Consumismo, porque a cousa pinta tan mal que teremos que seguir con su mismo coche, con sumismo abrigo, consumismo vestido... jajaja

Celia PIB

Ana PIB

Eva PIA

Mónica PIB

Paula PiB

Cinturóns de Uso PIB

Adriana PIB
Ana PIB

Kelly PIB
Como todo apunta a que imos ter que apretarnos o cinturón xa estaba previsto na programación a elaboración de cinturóns de uso e decorativos en Perfeccionamento I, esperamos que vos gusten.

venres, 16 de decembro de 2011

A emoción do Nadal

"Lágrimas de Perfeccionamento 2"

Nestas datas tan entrañables para todos as emocións e os sentimentos están a orde do dia, así que aquí estan as nosas "Lagrimas" ou mexilóns (para alguns). As nosas son "lágrimas" de alegría polo traballo feito, a paciencia e lixa gastadas e a incetidumbre do inesperado. Cortar as pezas, montar o bloque, esperar a que seque, tallar, lixar, tallar, lixar, tinguir, pulir, pulir, pulir, tinguir, e vernizar...



"Lágrima engastada de Carlos Puente"

A técnica que empregamos e o pulido por capas, unha nova técnica que aterrou o curso pasado na EMAO, e que vai collendo pulo pese a sua laboriosidade. Tamen é coñecida co nome de Xoiería en Coiro.

martes, 22 de novembro de 2011

Tranversalidade- Colaboración

A idea de que a colaboración entre obradoiros é o que fai Escola é unha idea que comparto, así que tratamos que isto se faga realidade no dia a dia. A sorte coa que contamos a diferencia dun obradoiro illado é que podemos completarnos e axudarnos mutuamente á hora de traballar.
Para mostra tres botóns:
Colgante de Técnica mixta
 Colgante feito pola alumna de Encaixe de Palillos Emilia Fernánde Cendón combinando os fios de Algodón sobre Coiro cunha trenza de coiro rematando os cantos da peza. a técnica de encaixe aplicada é o Guipur. En colaboración
con Encaixe de Palillos e a Mestra Marián Nuñez







Mazo, corpo doutro mazo e chaveiro torneados en coiro.
 Pezas de Coiro torneadas no Obradoiro de CAIM Gaita como proba práctica para a aplicación dunha téncica propia de Madeira sobre outro material, o Coiro. Pezas realizadas entre os Mestres Carlos Corral e Pepe Pereira.
Semiesfera de Carlos Puente






 En colaboración cos Mestres de Modelado Federico Fernández e María Heredero, e o Mestre de Cerámica Miguel Vázquez. No obradoiro de Modelado fixeron os moldes da semiesfera e da cara, e no de Cerámica foron cocidos e esmaltados, o resultado é un soporte ideal para o moldeado do Coiro





Máscara de Pepe Pereira sobre o Molde de Andrea Piñeiro.








Próximanente Moito Máis

venres, 11 de novembro de 2011

O Coirobol

Isabel
Base Isabel
Este é o nome que lle demos á primeira peza do programa de Perfecionamento 2, "etimolóxicamente" proven de mesturar un bol co coiro, é dicir, facer elementos contenedores destinados á decoración co coiro como materia prima. Os paso que seguimos para a elaboración da peza son como en calquera outra peza marcar os patróns, cortalos, preparar as pezas para a costura e coselas. Unh vez que temos todas as caras cosidas cortamos a base a partir do corpo que teñamos elaborado e a cosemos. Cando xa temos a costura rematada o sumerximos e auga para que ablande, e o moldeamos cun molde de area. So queda deixalo secar para que endureza e rematar os cantos. O ultimo paso seria darlle un acabado protector, xa que coa auga a flor da pel pode deteriorarse.
 O Material empregado para a peza é a vaqetilla, tinguida ou en pasta, esta ultima é a máis apropiada.

Base Angela

Carlos

Felisa

Luisa














Iria







Mariana