luns, 10 de novembro de 2014

Proxectos 2014

Cartel da Exposición
O pasado venres tivo lugar no Espazo Emao a inauguración da Exposición Proxectos 2014. O Acto estivo presidido polo Alcalde Abel Caballero e a concelleira de Educación e presidenta do Organismo Autónomo Olga Alonso e Rafael Ojea, director da Escola, acompañados polas dúas comisarias da Exposición Alba Pardo (mestra de Serigrafía Artística) e Marian Nuñez (mestra de Deseño e Encaixe de Palillos).  O Acto comezou e renmatou coa actuación de Su Garrido Pombo, alumna de Serigrafía Artística.
A presente exposición recolle os proxectos que durante o pasado curso se realizaron nas diferentes especialidades, por parte da nosa os traballos expostos corresponden a Cris, Ana, Mariana e Gaudencio, que foron seleccionados de entre todos os proxectos da nosa Especialidade.

Temos que Felicitar o traballo realizado polas comisarias.

Aquí podedes ver algunhas fotos dos traballos que podedes ver.

"El 17" Peza de Cris

Detalle de "El 17"

Puff de Mariana, parte do seu proxecto, non esta completo na Exposición


Acto de Inauguración

O Coiro na Cabeza, peza de Gaudencio

Cris e Pepe xunto a "El 17"

Ana xunto a dúas das súas cadeiras

Ningún comentario:

Publicar un comentario