luns, 24 de novembro de 2014

Nelson, de volta á EMAO

Este vindeiro mércores pola tarde na Hemeroteca da EMAO os alumnos da nosa Especialidade poderan participar nunha Conversa con Nelson Gómez Callejas.
Manuel Gonzalez Arias, director da Revista Oficio y Arte, no ano 2000 en Allariz, nos IV Encuentros del Cuero é o que describe o traballo de Nelson como "Guadamecí Contemporaneo". O Guadamecí supuxo para os Oficios do Coiro, e para España en particular un fito destacado, esta técnica  consiste na combinación de metalizado (aplicación de pan de ouro ou prata), policromado, ferreteado e repuxado. Supuxo durante séculos para moitas cidades de España un producto extraordinario e cotizado quese consumía en España, pero que se chegou a exportar a America , os paises europeos ou Xapón. e hoxe en día aínda segue sendo unha seña de identidade para o noso oficio, cunha relevancia destacada na cidade de Cordoba.
Na miña opinión o traballo de Nelson revisa a técnica tradicional, baixo dúas visións, a do Oficio e a da Arte. Por unha banda o oficio representa a tradición que Nelson  vive como terceira xeración de guarnicioneros. coñecendo o oficio, as ferramentas e o sentimento ou amor polo coiro. A Arte a Nelson lle sae polos poros da súa pel, e como alumno podo dicir que trata de que o alumno sinta o que el sinta co coiro e que cada un dos seus alumnos fagan o que a cada un lle saia, que cada ún leve a Arte á súa mesa de traballo e que cada peza sexa única.



 




























Máis Info sobre Nelson Gómez Callejas

http://webdelprofesor.ula.ve/arte/callejas/

https://es-la.facebook.com/nelsongomezcallejas

No Noso Blog:

http://artesaniadocoiro.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Gomez%20Callejas










Ningún comentario:

Publicar un comentario