luns, 25 de febreiro de 2013

O gran Mike

Como ya sabedes os pasados xoves e venres puidemos contar coa presencia na nosa Escola do Maestro Michael Nadeau, a súa clase poderíamos dicir que comezou o xoves pola tarde cos alumnos de P1B e Iniciación, visita guiada á exposición incluida e o venres coa súa demostración práctica de técnica na Aula de Debuxo, que amablemente nos cedeu o Mestre Federico Fernández.
O venres póla mañán Michael visitou os obradoiros de Caim e podo dicirque quedou impresionado da nosa Escola, da que dixo é  "unha sorte ter".
Xa póla tarde Mike impartiu unha Master Class sobre unha das técnicas que é domina, o modelado en humido, tras unha pequena introducción sobre o material que ía a empregar (vaqueta en pasta) e as ferramentas comezou a elaboración dun casco, que deixou case rematado.
Tras moito falar con el e tras coñecer algunha que outra nova de interés que ainda non podo revelar (Pepe Misterios ataca de nuevo), podemos chegar á conclusión de que michael vai volver... eantes do que pensamos...
GRACIAS MAESTRO, te esperamos.
  Demostración de Michael Nadeau na Emao on PhotoPeach

Ningún comentario:

Publicar un comentario