Este é o nome da exposición que se vai a ianugurar o vindeiro venres dia 8 ás 8 da tarde, e máis de 8 serán os traballos que alí veremos...
Tres pilares son os que sosteñen esta exposición:
O Pasado, a tradición que conservamos con traballos realizados nos primeiros anos da especialidade, alá polos anos 50 do século pasado...
O Presente, que reflexa o traballo realizado polos alumnos, antigos alumnos ou os obradoiros que dun xeito ou outro se formaron na Escola...
O Futuro, que é o espello no que nos queremos mirar, conservando a tradición, pero tamén innovando, con novas técnicas, materiais ou pezas... Esta parte estará representada por artesáns de primeira liña a nivel mundial, procedentes de Cataluña, Andalucía, Baleares, Madrid, Castela e León,Portugal e Bulgaria
Dende aquí queremos invitarvos a que o vindeiro venres vos acheguedes ó Espazo Emao, se non podedes... estará aberta ata o día 22 de marzo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario