Aínda que non é o habitual, quero facer
unha entrada un pouco persoal, xa que se trata dunha data moi especial. Estes
días materialízase un tramite, unha xubilación, que non un retiro, xa que hai
cousas que se levan no sangue, e o sangue se pasa en día indo e vindo ao
corazón, así que algo debe quedar. Xubílase unha persoa moi especial para min,
Neli, de quen podo dicir que é a miña nai nisto do
coiro, que nunca dixo non, nin ocultou nada e axudoume moito dende o principio,
hai case doce anos cando a súa tenda aínda estaba na pontevedresa praza da
Ferraría. E aínda que doce anos parecen moito para ela non o son, xa que a
xubilación lle chega despois de máis de 50 anos de traballo subministración aos
traballadores do coiro na cidade e a provincia.
Sempre cunha palabra amable, transmitindo
confianza e disposta a escoitar alí estaba, e por agora segue, animándonos no
noso traballo, dándonos ideas e motivándonos para que seguísemos adiante, e ata aquí chegamos, aínda que estamos
dispostos a continuar traballando, innovando e conservando...
Dende o máis
profundo do corazón !!!MUCHÍSIMAS GRACIAS¡¡¡
A
empresa non desaparece, e outra xeración toma o relevo, moito ánimo e xa sabeis onde estamos.
!!!NELI, MOITAS GRAZAS por TODO¡¡¡
Como dirian los puristas gallegos, un mestre es un MESTRE, aunque no se como nombrarlo en gallego, cuando en Maestro es del genero femenino.
ResponderEliminarBien Pepe, es de bien nacidos el ser agradecidos, y tu recuerdo vale mas que cualquier regalo.
Ese Pepe!!!Non teño o privilexio de coñecer a Neli, pero polo que contas vaga a pena facerlle unha homenaxe como se merece, o teu xa aquí queda e di moito de ti... Estou seguro que dentro de uns cantos anos nos, os teus pequenos saltamontes, poidamosche facer un recordo a todo unha vida de traballo ben feito, os mimbres os estás poñendo. Un bico para Neli, e meus parabéns por esta iniciativa Mestre.
ResponderEliminar